Búsqueda personalizada


Partido disputado no campo de Chaian




Como diría o noso anónimo xa estamos na "orilla" (¿pero que jallejo e ese?), pois eso obxetivo cumplido a falta dunha xornada para rematar a liga. Menos mal, porque senón teríamos un partido a morte co Hermanos Couto Boqueixón o vindeiro día 24 en Cuntis.
Ó partido chegábamos con algunha baixa importante pero as dudas que poderíamos ter rematáronse ó pouco de empezar o partido con un golazo de Miguel (foto 1), facíalle falta, xa que levaba 11 xornadas negado de cara a portería, suma 10 tantos, 0 a 1. Xa máis tranquilos e xogando a placer , ó cuarto de hora, Miguel loita por un balón dividido co porteiro, este queda solto e Otero (foto 2) aproveita para marcar o 0 a 2. Incomprensiblemente dende este momento o equipo empezou a ceder terreo, sobre todo, no ultimo cuarto de hora e os locais empezaron a crear perigo e así tiveron a súa ocasión máis clara cando o seu dianteiro se vai da defensa e remata, conseguindo Sueiro desviar a corner con dificultade. Boa noticia que chegara o descanso.


A segunda parte presumiase complicada visto o final da primeira, pero outra vez nos primeiros compases Tono (foto 3), en carreira consegue adelantarse ó porteiro e ó defensa nunha cesión e marca a placer o gol que nos dou a tranquilidade absoluta e apagou a ansias de remontada do Deportes Caneda, 0 a 3. Poucas ocasións, nos máis centrados en que non nos marcaran que en facer gol, en especial dende as lesións de Zález e de Dieguez, esta última máis grave. Así chegamos ós últimos minutos nos que recibimos o gol, que o noso porteiro se comeu con patatas, 1 a 3 e todos para a casa.


Despois supercena para celebrar que quedamos outra temporada máis en División de Honor que para un equipo como o noso e como gañar a liga para outros
PUNTOS SEGUNDA VOLTA
-2

8 Comments:

  1. Anónimo said...
    ¡por fin chegamos a "beira" do rio (a ver si se nos van mosquear os ilustrados), así que un notable xeral para todo o equipo, xa faremos un balance mais detallado do ano, moi bo o sprint final, con moita seriedade nos 4-5 últimos partidos. "CHAPEAU", para o noso presidente,mister,tesoureiro...,quea pesar do seu autoritarismo tuvo que pringar nas últimas xornadas e tamen para o cronista, por ternos ben informados durante todo o ano.Por último atención a titularidade de Nacho pai, contra o Hnos Couto, e os pilares deste bo ano ao banquiño (Victor,Tono,Sueiro,Zalez,Monty e Dieguez, estes dous por obligación),salvo que corran maletins.
    CD CALDAS VETERANOS said...
    Enhorabuena chavales,me alegro mucho que lograseis el objetivo,desde el Caldas Veteranos nuestra mas sincera felicitacion,ahora a disfrutarlo,al final yo tenia razon, ehhh Sueiro,un saludo para todos
    NEGREIRA said...
    Noraboa pola permanencia , o final mellor tempada incluso que a pasada , un punto máis e a posibilidade de que sexan 4, e incluso se os resultados acompañan na última xornada acadar a 7ª praza mellorando así a 8ª do ano pasado .Un saúdo dende Negreira e ata a tempada que ven .
    Sueiro said...
    Creo que en Cuntis se están a movilizar as masas para ver os 5 minutos de Nacho pai.
    Anónimo said...
    a verdade e que con xente coma do Silleda e ó Negreira, da gusto participar neste liga de veteranos, lastima que ningún dos dous consiguiran os seos obxetivos, pois mereciano mais que outros. Ainda esta por ver o dos 5 minutos, seica o interesado di que si cadra, xoga todo o 1ºtempo, e a ver quen lle di que non. Para rematar, Sueiro tembla, que Paco leva toda a seman entrenando, así que xa podes levar un chandal para o frio
    Sueiro said...
    Levareino, non teñas medo. Poderíamos intentar quitar unha foto, que veña todo o mundo antes do partido. A que temos, a parte de que xa ten tempo, aburre.
    nacho pai said...
    quero decir que a tempada foi moi boa,pero que moi boa, o xogo deixou algo que desear, pois correse moito detras da pelota, bueno os entrenadores..... o equipo faltalle un xogador que lle de circulacion o balon e a verdade e que o temos eu non vou a decir quen e....
    un comentario, e ver o anonimo a cara que puxo o outro día cando foi a lesion de Dieguez, o rapas sabemos todo como e sempre mira o seu, tamen amigo Sueiro o de mover as masas e loxico pero como podes supoñer eso non e so no futbol.....
    Sueiro said...
    Vasme decir agora que sabes quen é o anónimo e non dixeches nada....

    Conmigo de entrenador xogarías sempre de titular ahí no medio do campo repartindo o balón pa aquí pa alá... (máis que nada, non vaia a ser que seas presidente algún día, e ainda quero xogar algo máis)

    Prevese cheo nas Canteiras para o teu debut, lástima que o vexa dende o banquillo así podería decir que xoguei contigo

Post a Comment