Búsqueda personalizada

Primeiros tres puntos da temporada, moi sufridos, sobre todo polas ocasións que tivemos e desperdiciamos. Con algo de acerto o partido estaría sentenciado no descanso ó noso favor, pero cousas do fútbol, mediada a primeira parte metémonos un gol na nosa portería e con cara de parvos para o vestuario.
Na segunda parte, influeu o cansancio polo calor que fixo no "nido de hormigón" nos primeiros corenta e cinco minutos, seguimos tendo ocasións ainda que menos asiduamente, e quizás na que menos parecía metemos un gol (anotáronllo a Miguel pero eu creo que nin a tocou). O empate animounos, ó contrario que o rival que apenas creaba ocasións polo que a dez minutos do final, nunha xogada ven trenzada e logo dun rechace na área Jorge marca o que sería definitivo UN A DOUS.


O CRACK DO PARTIDO



Desbordou, creou ocasións e meteu un gol, o crack da semana é JORGE

Supoño que todos estamos dacordo no a miña decisión pero acéptanse outras opinións

5 Comments:

  1. Anónimo said...
    meu can colleu un moscón,sonou a frauta, esperemos que non sexa fror dun día. Bo partido en xeral, con revolución táctica incluida, defensa de 5 homes, catenaccio estilo Lotina, ainda que deu mellor resultado o sistema clásico,(o noso presidente como bo estudioso ten multitude de variables tácticas). Polo visto no partido, ao Barqueiro vai ser dos da nosa liga, sobre todo despois de sacalos daquela braña que tan ben lle tiñan collida a medida.
    Anónimo said...
    por certo para o noso comentarista, a ver si se estira un pouco mais nas crónicas, que esas catro lineas saben a pouco, mira un pouco para a dos nosos colegas do Negreira.
    Sueiro said...
    Admítense contracrónicas
    Anónimo said...
    si, pero para facer contracrónicas hay que ter o carnet de cronista e maís estar no núcleo duro
    Sueiro said...
    O carnet de cronista regálano e se queres podemos crear unha nova sección cada semana que sería a CONTRACRÓNICA. Para que quen queira poida dala sua versión dos feitos. É cuestión de falalo.

Post a Comment