Búsqueda personalizada

PEPE NOIA 3 - CUNTIS VETERANOS 2

Tres puntos que se nos foron por fallos puntuales nos últimos minutos de cada tempo. Nos primeiros minutos as indecisións casi nos costan un gol, pero fómonos metendo pouco a pouco no partido a pesar de que os locais nos apretaron bastante, ainda que sen ocasións. Todo se calmou cando, ós quince minutos, Jorge recolle un balón no medio do campo e despois de irse dos defensas marca un bonito gol que sirveu para darnos un respiro, 0 a 1 . Os ánimos do Pepe Noia calmáronse bastante e xa non acosaban tanto, hasta que a falta de 5 minutos unha falta ó borde da área, bastante discutida, cóstanos o empate a 1. A primeira parte non dou para máis.

Na segunda mitade, xogamos unha primeira media hora moi, moi boa donde dominamos o xogo completamente en tódolas líneas e non deixamos que nos metesen en apuros salvo a balón parado e no que tiveron unha clara ocasión nun remate de cabeza, anticipádose á defensa, que entre Sueiro e o pau consiguen despexar. Co partido dominado unha xogada de toque dende atrás chega hasta Monty que se planta diante do porteiro e cede a Miguel que non ten máis que empuxala, 1 a 2. Xusto premio ó xogo que estábamos a facer. Cando parecía que estaba todo controlado, unha xogada aislada donde un xogador local tira solo dende a frontal e marca (Sueiro pudo facer algo máis no gol) o empate a 2. O peor non foi o segundo gol senón que os metemos no partido. Faltaban 10 minutos e e cousa pintaba mal. A falta de 3 minutos xogada mal defendida e rechace que lle queda franco a dous xogadores locais que non perdonan. 3 a 2 inxusto pero que foi definitivo.

O CRACK DO PARTIDO




Esta semana non hubo grandes méritos, polo que llo vou a dar a Monty, máis que nada pola segunda parte na que destacou pola loita constante coa defensa aliviando así o labor do resto do equipo. Tamén destacar o traballo de Zález.

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    esta semán non precisa contracrónica, pois suscribese de principio a fin o opinión do cronista, ainda que insisto no do núcleo duro. En canto ao partido, primeiro batacazo da temporada, ainda xogando bastante ben perdemos, cando o fagamos mal, non sei que vai pasar, a páxara dos últimos 10 minutos é increible,e iso que tiñamos casi toda a artillería, a excepción de Ramon, Tono, Domin e pouco mais.Imos propoñer a Agrupación ou aos arbitros partidos de 80 min.

Post a Comment