Búsqueda personalizada

Último partido de pretemporada antes de que empece o serio. Partido no que se podían sacar máis conclusións que nos outros xa que o Rosalía vai a estar no grupo dos que intentaremos non pasar apuros a final de temporada. Fíxose un partido moi serio en defensa, se hai que poñerlle un pero son as moitas faltas ó borde da área que fixemos que o sábado non tiveron repercusión no resultado pero non sempre será así. Ó que iba, partido serio en defensa, sacando moitos balóns aéreos e que nos fixo ir collendo confianza a medida que íba avanzando o encontro, despois tamén traballo duro no medio do campo, coma sempre, e para rematar un Jorge moi acertado que marcou os tres goles.

Para a semana, empezamos a domicilio co Casa Barqueiro O Cotón en Ons (Negreira), xa todos sabemos o que nos espera alí polas dimensións que ten o campo. Eu non recordo ganar alí ningún ano, así que a ver si este o conseguimos.

0 Comments:

Post a Comment