Búsqueda personalizada

AOS EQUIPOS VISITANTES

Aos equipos que nos visitarán ao longo da temporada 2008/2009:
Uns dos agasallos que viñamos ofrecendo aos equipos que viñan a Cuntis era a celebración do partido no terreo de herba de As Canteiras, cando o clube local, que ven administrando o campo, nolo permitía. Digo agasallo porque na actualidade case é un luxo xogar nun campo de herba natural que ven sendo substituída na maioría dos os sitios pola herba sintética.
Lamentablemente o pasado xoves, 2 de outubro, comezaron dentro do recinto as obras encamiñadas á construción dunhas pistas de atletismo. Estas obras demandadas dende hai anos acométense neste momento pero sen recibir os usuarios do campo ningún aviso previo delas polo que da noite para a mañá nos vemos obrigados tanto veteranos coma aficionados do Atl. Cuntis a retomar as instalacións do vello campo de A Ran (terra). As obras están previstas cunha duración de oito meses. Cabreados os xogadores do equipo afecionados e cabreados e fastidiados os veteranos pois coincidimos en moitas xornadas co equipo xuvenil do Atl. Cuntis. Esta coincidencia débese a que, pese a trasladar calendario de xuvenís á Agrupación, dende Santiago non o tiveron nada en conta e das trece xornadas coma local colócannos coincidindo cos xuvenís en seis, quedando consecuentemente libre o campo outras tantas xornadas.
Parece que este ano todo se volve en contra.
Trataremos de ofrecervos o terreo de xogo nas mellores condicións posibles pois o resto das instalacións están máis que aceptables e nos casos en que non poidamos usar o campo poñerémonos con moita antelación en contacto cos afectados para ver como arranxar o problema.
Agardamos poder disfrutar algo esta tempada do campo de herba pero de momento vinde sempre cara o campo de terra ( a carón da estrada Cuntis-Caldas)
Saúdos.
O delegado de Cuntis.
J.M.Correa

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    Ya está vuestro link en nuestro blogroll. Hay que fomentar las nuevas tecnologías como sea y sobre todo el buen rollo.

    Saludos de toda la Peña Navegante

Post a Comment