Búsqueda personalizada

Gran victoria a conseguida esta sábado, tan importante como sorprendente xa que nos visitaba o líder cuns números que non invitaban ó optimismo.

Empezaron demostrando que son un bo equipo, tocando bastante o balón e que corréramos detrás del ainda que non creaban ocasións pero chegábamos tarde a tódalas xogadas, presaxio do que pasou ó cuarto de hora. Penalty señalado polo árbitro que marca Gelucho, 0 a 1 e a cousa máis complicada. Estirámonos un pouco máis e nun erro na salida do porteiro, Nacho anticipase a él e marca o empate a 1. Eles creaban moito perigo en xogadas a balón parado cercanas a área xa que tiñan bos lanzadores e así nunha delas e logo de varios rechaces do longueiro e porteiro marcan o 1 a 2 que xa parecía que nos deixaría tocados. Pero cousas do fútbol, o partido dende ahí empezou a coller outro rumbo e empezamos a crear ocasións, incluso sacaron un balon debaixo da portería nun remate de cabeza que foi o preludio do empate a dous. Corner sacado por Jorge o primer pau onde iba Nacho, un defensa peina o balón e clavao na sua portería, 2 a 2 e nos ca moral polo ceo. Descanso.

A segunda parte foi moi intensa pola nosa parte, o equipo dando máis do cen por cen, cos que teñen que tirar do carro no seu papel, sobre todo Monty que correu e loitou co seu par todo o partido, (a ver se se da conta que o equipo lle agradece máis esta labor que cando o quere facer bonito). Nada máis comenzar, xogada hacia Miguel que regatea ó porteiro e o seu remate sacao un defensa de debaixo dos paus. Primer aviso para os visitantes, pouco despois un segundo aviso de Nacho que encara ó porteiro pero o seu remate rechazao o pau e vaille as mans ó porteiro. Era moito avisar, e a terceira foi o gol, balón de Monty a Miguel que diante do porteiro marca o 3 a 2. Intentaron volcarse pero o traballo da nosa defensa e medio do campo impideu que chegaran en ocasións claras, excepto unha en que Gelucho plántase solo na área pero o seu remate vaise por encima da portería. Moita tensión en tódalas xogadas pero sen xogo duro por ningún dos dous equipos. Non houbo cambios no marcador a pesar dos últimos balóns colgados á área. 3 a 2 definitivo sobre un equipo que é mellor técnicamente que o noso pero que nos favoreceu o noso campo (neste caso de terra) no que non bastaba coa calidade, había que poñer algo máis...

Para a semana, máis complicacións, Terra de Xallas, 3 puntos por debaixo nosa, rival directo a final de temporada e todo o que non sea unha victoria con eles desvirtua a deste sábado. Xogando igual non nos ganan seguro.

O CRACK DO PARTIDO



Ten moito de culpa na victoria polo seu traballo e ainda tuvo tempo para ir en ataque. Tardou un pouco en collerlle o punto a sua parella pero cando llo pillou a balanza foi para o noso lado. Todos bastante ben, parece que estamos a facer un EQUIPO.

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    por levarlle a contraria ao cronista e sin quitarlle meritos a Monty, o crack do partido foi o novo alineador Toniño "Guardiola", ca súas rotacions, esquemas tácticos etc, vese que a súa formación na escola de praias de Samil, e perfecionamento como alumno aventaxado da escola do Espadenal,deu resultado. Xa vistedes 4 ao Negreira, 3 ao Rivadavia, calquera lle di nada, como sigamos a este paso,imos ter que subirlle a clausula de rescisión.

Post a Comment