Búsqueda personalizada

Partido moito máis complicado do que di o marcador. Puxéronnos en demasiados apuros sobre todo na primeira parte.

O partido empezou para eles as 4 e cuarto e para nos as 5. Tuvemos suerte da sua falta de contundencia nesta primeira parte porque xa podía estar o partido sentenciado xa que fixeron de nos o que quixeron e non demos unha a dereitas. Cedían case todo o terreo de xogo, a defensa non se movía do sitio e non fomos quen de desbordala. Por contra , eles collían todolos segundos balóns e salían en contras que nos facían dano e generaban desconfianza no noso equipo. Apenas tiramos á portería, e por contra eles cada vez que chegaban eran perigosos pero non foron quen de marcar. 0 a 0 ó descanso e gracias.

Comenzou a segunda parte, e comenzou outro partido sobre todo a partir do minuto dez, no que Jorge nunha xogada individual marca dende fora da área o 1 a 0. Todo foi moito máis fácil dende aí. Tuveron que adelantar líneas e o partido foi noso. Cinco minutos despois do primer gol chegou o segundo, nun penalti claro a Domin cando se dispoñía a tirar a portería solo dentro da área foi derrubado. Transformouno, outra vez, Jorge con suspense. 2 a 0 e nos con máis confianza. Daquí hasta o final, eles intentando acortar distancias sobre todo en balóns aéreos que apenas inquietaron a nosa portería e nos intentando sentenciar en contras, de Jorge, Puga,... Cando xa o resultado parecía definitivo Miguel engancha unha volea dende o borde da área e despois de dar no longueiro bota e entra. Un bonito gol. 3 a 0 que era máis do esperado tal e como se presentou a primeira mitade.

A próxima semana, xogamos en Conxo co Peña Navegante, un equipo que sempre nos da moito traballo e que o ano pasado foron mellores que nos nos dous partidos.

O CRACK DO PARTIDO



Victor De La Torre, ainda que aquí ben podían estar Manolo Diéguez e Jorge que creo que foron do mellor do equipo. Pero poño a Victor porque atrás é un seguro de vida e na primeira parte ten bastante culpa de que non foramos ó descanso perdendo.

10 Comments:

  1. Anónimo said...
    Noraboa Cuntis pola boísima tempada que estades a facer, seguide asi....Lito (River Silleda Veteranos).
    Anónimo said...
    Gracias os de Silleda, e haber si para o ano nos vemos en División de Honor. Estou de acordo coa maior parte da crónica, para non ser demasiado crítico e non sucedan cousas coma as do ano pasado, deixo unha suxerencia, pode haber máis de un xogador que destaque coma o caso do sabado pasado,ou pode que ningún destaque demasiado, por iso creo que se poden poñer máis de un "crack", non digo que esté mal elixido, que considero que si, pero como ben dis houbo algún máis ao mesmo nivel.
    josesueiroc said...
    Estudiarase a tua propuesta e veremos que se pode facer. Se queres facer algunha observación o desacordo coa crónica non dudes en facelo xa que non deixa de ser a miña opinión.
    Ós amigos do River darlle ánimos e comentarlles que o ano que ascendemos, faltaban 2 partidos para terminar a primeira volta e estábamos cuartos pola cola, a 13 puntos do primeiro, viñamos de perder co Melivet na casa, e ó final quedamos campeóns de categoría. Así que ainda queda moito
    Anónimo said...
    o cronista esta a perde-lo rumbo, como non ten outra cousa que facer dutante o partido,pois leva unhas xornadas moi tranquilo cisma demasiado, sin desmerecer a Victor os cracks foron os dianteiros, que desfilaron por Vilariño a endereitar as ferraduras, e levamos 10 goles en 3 partidos, eso nin o Barsa de Guardiola. Con todo, temos que rebaixar a euforia, pois xa viran tempos peores, (a ver si temos sorte e o próximo crack e o porteiro)
    josucas said...
    Estou de acordo contigo nunha cousa e é como levaremos a derrotas que chegarán (tarde ou cedo), xa que canto máis alto estás máis dura é a caida.
    Ó porteiro vai por temporadas fai nunha boa e unha mala. A do ano pasado foi boa asi que este ano...
    Anónimo said...
    creo que Sueiro ten moita razón, e tamen o anónimo, no de que pode haber mais dun crack, de feito o pasado sabado mereceuno moita xente.
    Anónimo said...
    A ver si vai ser certo que esto o lee mais xente do que parece, pois a proliferación de anónimos,tanto nas crónicas como nas quinielas da que pensar, pero que quede claro que para criticar ao sector oficial (presidente, cronista, etc...)hai que estar debidamente acreditado.
    Fdo Representación Sindical da Asamblea do Comite Executivo do Sector Crítico (=Anónimo)
    josucas said...
    Anónimo solo hai un o resto son, o resto que se busque outro nome. A ver si somos mais orixinales
    chan das bocas said...
    jejeje
    chan das bocas said...
    creo que é un bo nombre

Post a Comment