Búsqueda personalizada

Partido que se nos puxo moi costa arriba dende os primeiros minutos e que gracias o gran esforzo que fixo o equipo logrouse empatar.

Campo moi grande, incluso maior que o noso, costounos tomarlle a medida e situarnos uns dez minutos pero foi demasiado tempo xa que ós cinco minutos xa nos marcaron o primeiro logo dun balón que queda suelto despois dun saque de falta. 1 a 0 e tiveron outra nun remate de cabeza que para o porteiro e o rechace despexao Diéguez. Pero a medida que pasaban os minutos as ocasións empezaron a chegar ó noso favor e moi claras. Primeiro Monty en xogada personal plántase diante do porteiro pero o seu tiro vaise fora (había dous dianteiros nosos no segundo pau solos). Despois nunha ocasión moi similar Miguel tamén a envía fora, seguimos con un remate dun corner que desvía o porteiro a saque de esquina. Noutra Miguel non é quen de salvar a salida do porteiro, etc. Ainda que a xogada clave desta primeira parte foi o penalty clarísimo a Otero que o veu todo o mundo menos un que tiña un silbato. Nunha contra dos locales, salida ó fora de xogo mal feito, balón ó que van o porteiro e o dianteiro o rebote colleo outro xogador local que acompañaba a xogada e marca o 2 a 0 que parecía enterrar as nosas opcións no partido. Chegábase así ó descanso que creo que nos veu ben para darnos conta que a pesar do resultado se podía quitar algo positivo.

Salimos a por todas nesta segunda mitade, e no primer minuto, boa xogada pola banda, balón a Nacho que tira e saca o porteiro cunha man no que parecía un gol cantado. Todo parecía estar na nosa contra xa que estábamos a perder cando estábamos a facer todo o posible para ter metido, ó menos, algún gol. Pero se a cousa estába complicada complicouse máis coa expulsión de Jaime por sacar unha falta sin o árbitro pitar despois de pedir pasos. Media hora para acabar o partido 2 a 0 e un home menos, bonito panorama se presentaba. Non cambiou nada para nos xa que de perdidos ó río e seguimos intentando marcar, e que por fin conseguimos nunha xogada na que Monty se vai hacia portería e é trabado na área ainda que o árbitro a quita fora. Monty saca a falta con un cañonazo á escuadra, 2 a 1, o equipo enchufado no partido e o árbitro enchufado a sacarnos tarxetas. Mira que sacou tarxetas nun partido donde non houbo máis que típicas faltas dun partido polos dous bandos. Quedaban 20 minutos para intentar sacar algo positivo ainda que se estaban a asumir riscos en defensa pero que foron compensados co gol de Nacho despois de collerlle a posición á defensa internarse hacia a portería e marcar o empate. 2 a 2 e quedaban algo menos de 10 minutos para intentar algo máis pero o cansancio xa se notaba e a situación invitaba a tranquilizar o partido. Ó final 2 a 2 que nos sabe a pouco polas ocasións falladas e a moito se temos en conta que a falta de media hora perdiamos 2 a 0 e quedamos con dez.

Non quería acabar a crónica sin antes dedicarlle uhnas palabras ó árbitro a título personal, non polos errores que cometeu que creo non influiron no resultado (a pesar do penalty), e que ademáis cometemos todos, xa que se nós metemos as ocasións que tuvemos houbéramos ganado. Senón pola sua actitud hacia nos dende o principio. Coseunos a tarxetas PORQUE SI e con esa frase solucionabao todo. Case consigue desquiciar ó equipo, a parte de recordarnos que unha vez tuvo un problema con un aficionado do Cuntis como se eso o tuvéramos que pagar. Amiguiño fala con Montero, Añón, Ruval e compañía que che expliquen un pouco como se pita en veteranos.

Para a semanas visitanos o Rosalía, un equipo moi similar a nos. A pesar de que queda moita liga creo que o que gañe non pasará moitos apuros para salvarse.

O CRACK DO PARTIDO



Si xa sei que aburre pero que foi o que máis lle puxo para ganar o prtido ainda que nalgunha xogada pecou de individualista.

Nova sección, a ver se os críticos deixan de poñer peros. Haberá, ademáis do CRACK, un KILLER que será aquel que non perdoa diante dun porteiro, un MURO que será aquel xogador que en funcións defensivas esté ben, e logo a CLAVE do partido que se indicará cal foi a condición máis importante do encontro e por último o MELLOR DOS CONTRARIOS no que se indicará que xogador nos creou máis problemas. Empezamos esta semana con estas eleccións

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO











O KILLER: Doullo esta semana a Nacho por ser a primeira e él é o máximo goleador do equipo, e ademáis está en racha

O MURO: Pois o mesmo, por ser a primeira semana e quero compensar os partidos anteriores nos que foi un muro para os ataques rivales

A CLAVE: As ganas que ten o equipo de ganar os partidos. Por descontado tamén o árbitro pero no sentido negativo

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Eu creo que o porteiro xa que consigueu que non marcaramos hasta a última media hora

2 Comments:

  1. Anónimo said...
    así da gusto, con semellante crónica, calquera compite co cronista oficial en facerlle a contracrónica, xa é mais interesante leéla, que ollear o marca, con todo haberá que analizala con lupa para ver por onde podeselle criticar.Coincido no do árbitro, un papanata que houbo de desquiciar aos xogadores e a xente que foi co equipo.
    sueiro said...
    Non pensedes que vai ser así tódalas semanas

Post a Comment