Búsqueda personalizada

A estas alturas da semana xa me pitan os oidos, deben de ser o da joyería ou o "vitrinario" que me tan poñendo a parir por non poñer a crónica antes.

Bueno ó que íbamos. Resultado excesivo, dende o punto de vista, a tenor dos méritos dos dous equipos no campo. A diferencia estivo en que eles teñen dous bos dianteiros e nos non temos nin dianteiros. O sábado xogou Nacho nese posto ante a lesión dos que suelen xogar.

A primeira parte empezou cos dous equipos tanteándose pero a medida que os minutos foron pasando fómos creando máis xogo de ataque, xa que quixemos ter ben fixada a marca do seu dianteiro estrella. Unha vez visto que o sábado non era o día de Richard o equipo tivo a súa primeira ocasión clara, nun balón que lle chega a Nacho (que non tivo o seu día en ataque) e solo diante do porteiro golpea mal o balón e botao fora. Podemos adiantarnos, pero eles na sua primeira chegada, un tanto conflictiva, xa que Nacho estaba tirado no chan por un golpe, marcan tras o rechace do pau nunha xogada na que dous dianteiros se plantan solos na nosa area dende o medio do campo, 0 a 1. Seguimos ó noso e nun corner, falla o porteiro visitante na salida e un defensa quita o balón debaixo da portería, non era o noso día. No último minuto da primeira parte, xogada moi parecida a do primer gol, dous visitantes plántanse solos diante do noso porteiro pero nesta ocasión o porteiro consegue despexar o balón.

Comenzaba a segunda parte e víamonos con opcións de remontar xa que non foran superiores a nos. Cometemos o erro (no que me incluo) de elexir o campo ó revés e na segunda parte non se vía nada xa que pegaba o sol casi na nosa horizontal. Intentámolo por tódolos medios, en xogadas a balón parado creamos moito perigo, pero, o dito, non era o noso día. Eles nunha contra, Richard regatea o noso porteiro escórase un pouco e cando volve a regatear para tirar a portería, xa perdía o balón, Nando faille un penalty inocente. O propio Richard transfórmao, 0 a 2. Pouco despois tivemos o premio que tiña que haber chegado antes, Monty plántase diante do porteiro que sale fora da área e tírase ó chan parando o balón ca man ante a pasividade do árbitro que non pita nada pero Monty loita o rechace e marca o 1 a 2. Durounos pouco a alegría, minutos despois balón dividido entre o noso porteiro e o dianteiro visitante que se leva este o balón e cede a Richard e marca o 1 a 3 que foi definitivo e que non tivo réplica por parte nosa.

O CRACK DO PARTIDO



Papá Noel xa pasou e xa dei bastantes regalos na xornada anterior, así que, desierto

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO










O KILLER: Máis que nada polo gol, xa leva 6. Un oasis no medio do desierto

O MURO: Ben a defensa nos primeiros minutos hasta o primer gol, despois desinflouse

A CLAVE: A ocasión fallada por Nacho co 0 a 0, e o 0 a 1 que lles veu perfecto para xogar á contra

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O número 9 (Dani). Non fixo nada do outro mundo pero está donde teñen que estar os dianterios

4 Comments:

  1. Anónimo said...
    esto é un escandalo, hai que tomar medidas dunha vez,tanto no blog como no campo, non é de recibo ter que someterse a tiranía do cronista toda a semán esperando por onde te van a caer,que traballe que para eso cobra, e no campo igual, entre o presidente e ó axudante A.Bernardez(o rico de Sevil),puxeron ao equipo sextos pola cola, si fora noutro sitio xa corría o sangue, incluida a do 3º alineador, e a ver que pasa hoxe a copa. ¡Revolta Irmandiña Cuntiense¡ en marcha, Abaixo a tricefalia.
    Anónimo said...
    Ostras! xa non volvo picar máis ó anónimo, díxenlle no comentario anterior que se botaban en falta os seus comentarios controvertidos e xa se quere levantar en armas...
    Monty
    Anónimo said...
    Por certo, creo que Zalez foi o mellor do partido, o igual que este sabado, a excepción de Domin, que se saíu. Volta a calidade.
    Anónimo said...
    Estou de acordo, jeje, gracias polo apoio, no de Domin tamen, quen dixo que Zidane se retirara.

    Zalez

Post a Comment