Búsqueda personalizada

Nos como o Dr. Jekill e Mr. Hide dunha semana a outra. Como mal foi o menor xa que unha victoria visitante poñeríanos nunha situación moi comprometido de cara ó descenso, así, polo menos, mantemos a ventaza de 6 puntis e gol average a favor.

Do partido casi mellor non falar, a cada cal peor incluido o equipo contrario. Competimos no mal que xogamos e por eso empatamos. A primeira parte non se veu nada de futbol e houbo poucas ocasións de gol. Terminou con empate a 0 como non podía ser doutra maneira.

Na segunda empezamos presionando un pouco máis e achuchámolos durante un cuarto de hora pero a medida que pasaban os minutos fóronse sacando o dominio de encima e o partido equilibrouse outra vez. Houbo algunha ocasión máis pero o noso xogo deixou moito que desear. Pero nun arreón de Monty, consigue sacar un penalty, que el mesmo se encarga de transformar, ainda que con moito suspense. 1 a 0 a falta de un cuarto de hora, a cousa poñíase ben. As cousas cando se fan mal salen mal, e nos en defensa non estivemos moi ben e a falta de 2 minutos marcannos o empate tras levarse o balon con rechaces e plantarse na area pequena. 1 a 1 e xa non dou tempo a máis. Polo mal que o fixemos merecemos perder os dous equipos pero como non se pode, empatamos.


O CRACK DO PARTIDO



O crack do partido foi a xente que o veu, que ten moito mérito

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO










O KILLER: Por non poñer todo desierto.

O MURO: A pesar de que non nos meteron moitos goles non fixemos un bo partido

A CLAVE: O noso medio do campo non estivo o seu nivel e o equipo notouno

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Tan desierto coma o noso

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    manos mal que isto e unha carreira de caracois, porque si os de abaixo collen carrerilla pasannos por riba, do partido, o que dí o cronista, mellor non falar, malo malo, os poucos que por alí pasaron aburrironse moito, e iso que en teoria estaba a xente toda salvo contadas excepcions, pareceme que empezamolo ano con mal rumbo, como non se endereite, imolas pasar canutas para salvarnos, ainda menos mal que temos algo de millo no palleiro que sinon ....

Post a Comment