Búsqueda personalizada

Partido que se perdeu pola desidia da plantilla xa que empezamos con 10 xogadores o partido. Moita xente solo pensa en si mesma.

Por outra parte, o partido foi moi malo e rivalizamos en erros xa que os visitantes tamén traían un equipo moi limitado e asequible. Solo se pode destacar a Domin que dou un recital de xestos técnicos, regates, etc. A sua primeira parte foi moi boa, incluso marcou no primer minuto un gol dende 30 metros. Tamén estivo ben Zález pero tampouco sen facer nada do outro mundo.

O Universidade vendo o que había creceuse, empatou pronto, mediada a segunda metade adiantouse e no desconto sentenciou. Tamén é certo que tuvemos ocasións o comenzo da segunda parte para adiantarnos pero estuvemos negados de cara o gol.

A todos nos gusta a copa pero como di a canción "... e chega outro ano e pasa tamén..." A pensar na liga que, vendo o que hai, vainos a facer boa falta. Sábado salida moi complicada a Boiro.

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    home por fin apareceu a crónica, tamén para o que habia que contar do partido..., acabou o ano con nubarrons e empeza o novo con tormenta, porque a que nos vai caer no mes de xaneiro, vai ser boa, esperemos que en Boiro Domin enseñe as esencias do día da copa,e o resto do medio do campo espabile un pouco, porque estes anónimos de Caldas con tanto piropo entre eles, estan perdendo o rumbo (pa min que e culpa do cronista que tanto poñelos de crack, killer etc...estaos aparveando un pouco).

Post a Comment