Búsqueda personalizada

CUNTIS VETERANOS 2 - PEPE NOYA 1

Antes de nada quero lle dar as gracias aos xogadores do meu equipo por "deixarse" eliminar da copa e así darme un semana de vacacións. Dito esto, vamos co partido. Melloramos un pouco con respecto ó último partido pero tampouco pasará á historia do noso equipo, eso si, os tres puntos valen o seu peso en ouro.

A primeira parte foi bastante parella, sin grandes ocasións, por ningún dos dous lados, destacar unha ocasión nosa nun remate de Puga que saca un defensa debaixo dos paus. Pola parte visitante, a súa única ocasión foi a do 0 a 1, falta colgada á área que rematan de cabeza, saca con apuros o noso porteiro (saludos a Jaime) e o rechace recolleo un dos visitantes, que ten tempo para prepararse, e marca. O a 1 chegamos ó descanso co partido costa arriba e sin ter as cousas claras.

Na segunda parte, todo sigueu igual, poucas ocasións e as quen houbo a favor nosa. Conseguimos empatar gracias a " Celtic Stores Conection". Saca a falta Ramón e remata de cabeza Nacho e fai o 1 a 1. Volvía a marcar Nacho despois de moito tempo, falta nos fan os seus goles. A verdad e que o partido non tiña ritmo nin ocasións e non se vía que se poidera marcar outro gol por parte de ningún dos dous equipos. Nunha xogada en que o balón vai larga á área visitante , Miguel loita polo balón e un defensa derrubao. O árbitro pita penalty, e Monty encárgase de tiralo e marca de casualidad xa que o fixo con máis suspense que o da semana pasada. O caso e que o marcou e conseguiu o 2 a 1 (este foi da "convento conection"). De aquí hasta o final pouco máis, o mellor o resultado.

O CRACK DO PARTIDO




Estuvo moi ben defensivamente e facendo o traballo sucio do equipo, ese que non se ve pero sin o que non se ganan os partidos

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO













O KILLER: Nacho, que marcou o seu octavo gol

O MURO: Polo mismo motivo que o puxen de crack, moito traballo para o equipo

A CLAVE: Puxemos máis ganas que eles por ganar

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O seu medio do campo que nos dou moito traballo na primeira parte

0 Comments:

Post a Comment