Búsqueda personalizada

Victoria importante e necesaria para as aspiracións de manterse na categoría e que nos deixa nunha boa situación para afrontar o que queda de temporada.

O partido como os de casi sempre contra eles no seu campo, moitas ocasións, moitos goles e sempre gañamos nos, eso si, sempre pasando apuros nalgúns tramos do partido. Os primeiros minutos foron de tanteo e nos que eles, sin crear excesivo perigo, sorprendéronnos polas bandas, pero unha vez nos situamos ben no campo o dominio empezou a ser noso e as ocasións de perigo xa aprecían con un tiro dende o borde da área que sale moi cerca da escuadra. A nosa presión facialles dano á hora de sacar o balón e recuperábamos rápido o balón co noso medio do campo superando ó local na anticipación. Así chega o primer gol, xogada de Nacho que da un balón ó segundo pau para que Puga marque de cabeza a placer o 0 a 1. Parecía que o partido empezaba a encarrilarse pero na seguinte xogada, unha falta lateral que nadie toca, bótalle diante o noso porteiro que non agarra o balón e o rechace convírteno no 1 a 1. Volta a empezar, pero ca salvedad de que tíñamos o xogo bastante controlado. Daquí hasta o descanso desperdiciamos duas boas ocasións nas que Nacho, primeiro, no man a man, adianta moito o balón e o porteiro salelle ós pes e na segunda nun balón que lle queda botando vaiselle por encima do longueiro. Descanso, 1 a 1.

No segundo tempo salimos a finiquitar o partido o antes posible e, xa no primer minuto, Miguel falla un man a man co porteiro. Era o presaxio do que iba pasar xa que ós dez minutos da reanudación xa gañabamos 1 a 3. Primeiro Zalez dende o borde da area golpea violentamente o balon (por non decir, mételle un punteirolo) e marca o 1 a 2. Pouco despois balón a Miguel que recibe no borde da área e desde ahí sin saber moi ben como marca gol, a verdade e que quedamos sorprendidos. O partido parecía que xa non se nos escaparía xa que seguíamos a ter ocasións pero eso foi o que nos botou a perder xa que todo o mundo quería meter gol, e o equipo parteuse entre os que atacaban e os que defendían. Eles empezan a apretar e comenzan a ter ocasións que a defensa e o porteiro van sacando pero nunha delas na que o equipo non vaixa a defender a pesar de que achucaban, marcan o 2 a 3. Volta a sufrir e eles máis no partido que nos. O equipo tuvo que volver a colocarse ben no campo xa que eles estaban apretando a defensa. Teñen outra ocasíon parecida do 2 a 3 pero esta vez saca o noso porteiro, e pouco despois Nacho marca o 2 a 4, que despois foi definitivo, nun balón que lle pon en largo Monty e tras regatear ó porteiro, marca e acaba cos ánimos dos locales de empatar polo menos o partido. Agora as nosas chegadas eran máis perigosas xa que con balóns en largo e con xente rápida facíamoslle dano á defensa adiantada que eles tiñan no medio do campo. Daquí o final pouco máis, amago de tangana e ocasión deles de falta ó borde da área que para Sueiro.

Agora tres partidos máis fora, Negreira (aplazado), Alambique e Xallas. Temos tres puntos máis que na primeira volta pero o problema está en que quitamos os 9 puntos nos 3 partidos que veñen. Daquí hasta o final de liga que ganar 3 partidos para asegurar a permanencia e canto antes os fagamos mellor

Esta semana pásabos o testigo de dar os premios, e vos decidiredes quen foron e o viernes colgarei a foto deles. Xa sabedes CRACK, KILLER e MURO

6 Comments:

  1. Anónimo said...
    crack: MONTY
    KILLER: MONTY
    MURO: MONTY
    MELLOR XOGADOR DOS CONTRARIOS: MONTY
    FDO: SUEIRO
    Anónimo said...
    HOME MOITAS GRACIAS SUEIRO POLA TUA CONSIDERACION O NOMEARME O MELLOR EN TODO PERO NON CREO QUE ME DEBERAS DAR COMO O MELLOR XOGADOR DOS CONTRARIOS.

    MONTY
    Anónimo said...
    despois dunha breve ausencia por motivos personais, volvemos a carga contra o cronista e Cia, porque como vedes entre "O Noso porteiro e a mafia de Caldas, comense todo Crack, Killer, Muro etc, o cronista non di nada do primeiro gol do Guadalupe, e o de Cequeril non fai mas que facerlle a pelota, para que fale ben del, na crónica e nestas andamos, pero bueno volvendo ao partido de Boiro en xeral temos que decir que salvouse media temporada e que o equipo dou o callo salvo alguns momentos puntuais, agora queda o Negreira, si salimos ben, esperanos un fin de festa tranquilo.
    SUEIRO said...
    Xa pensei que nos abandonaras. Falei máis do primer gol do Guadalupe que do primer gol do Maderas Ramos así que algín que non se queixe
    Anónimo said...
    o noso anónimo parece que se pica, e con razón, posto que deberíamos darlle o título de muro a él nos dous últimos partidos,no de maderas ramos fixo unha parada espectacular (pena que ninguén lle dixera que non era o porteiro) e en boiro fixo unha marcaxe ó home que lle sentía o alento na caluga, sobre todo cando soplaba con forza...
    monty.
    Anónimo said...
    nada o dito, que a mafia de Caldas e a que domina o blog, que se aproveiten este ano, que cando se presente a moción de censura, quedanlle dous telediarios a cada un, pois a próxima Directiva, xa ten atado ao Canillas e algún outro Galáctico mais.

Post a Comment