Búsqueda personalizada

Victoria importatísima a conseguida este sábado en Baio e que nos aproxima bastante o noso obxetivo que non e outro que estar un ano máis en división de honor ainda que esto haberá que confirmalo polo menos con duas victorias máis nos sete partidos que nos quedan. Tamén é certo que a estas alturas da liga nunca tuvemos tantos puntos.

Bueno, ó grano, de salida fixemos unha variante táctica con Puga que, como se pudo comprobar, foi a que gañou o partido, dende aquí os meus parabéns ó corpo técnico (as voltas que demos para chegar a Baio servíronlle de algo as cabezas pensantes), e sobre todo a Puga polo seu traballo. Comenzaron os locales achuchándonos un pouco con bastante posesión do balón e tocandoa bastante, nos, replegados sacamos sen moitos atrancos as embestidas que case nunca foron perigosas. A medida que pasaron os minutos o noso medio do campo foi dominando o balón e empezou a surtir de balóns a Nacho e empezaron a chegar as primeiras ocasións na que destaca un remate complicado de Miguel ó pau. Nacho é o protagonista do primer gol, cando recibe un balón no lado izquierdo e bate o porteiro na salida, 0 a 1 e eles empezan a perder a confianza que amosaban nos primeiros compases do partido. O partido sigueu polo mesmo camiño, moita lucha, tanto en defensa como no medio do campo e despois intentar sorprender en contras que cada vez aparecían con máis asiduidade. Otero dende a dereita envialle un balón perfecto a Nacho, que controla co peito, e levanta o balón ante a salida do porteiro. Bo detalle técnico e bonito gol, 0 a 2 e o partido donde nos queríamos. Con cada gol que nos metemos eles descompuxéronse máis e a nosa ventaxa pudo aumentar nun balón largo a Nacho, pero a sua vaselina foise por encima do largueiro. A pouco de rematar a primeira parte eles tuveron a sua e única ocasión clara neste periodo, ainda que precedida de agarrón, Moro plántase solo na área pero o porteiro envía a corner.

Na segunda parte, a idea era non desfacer o que se fixera na primeira, eles polo seu lado fixeron cambios e variantes que creo nos favoreceron pero ainda así nos primeiros minutos metémonos os 11 na área e quixeron recortar distancias pero pouco durou xa que a pouco que adelantamos líneas empezaron a chegar contras que remataban en ocasións moi claras nas que non supemos finiquitar o partido. Delas disfrutaron Zález, Miguel e algún máis. O Terra de Xallas decidiu colgar balóns que a defensa sacou ben. Dispuxeron de duas ocasións máis ou menos claras, un tiro dende a frontal que desvía o porteiro a corner e un barullo na área que non entrou por pouco. Despois chegou o gol de Nando, recolle na izquierda á altura do medio do campo, en diagonal avanza hacia a portería e lanza un zapatazo que, o porteiro un pouco adelantado, non e capaz de parar. Aquí acabouse o partido, os últimos minutos foron cómodos debido ó resultado, 0 a 3.

O CRACK DO PARTIDO



Sin duda algunha o seu traballo foi perfecto

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO










O KILLER: A pesar dos dous goles de Nacho, el xa está moi visto nesta sección, poño a Nando polo seu gol tan importante como vistoso

O MURO: Outros dous que fixeron un bo traballo defensivo

A CLAVE: A disposición dictada polo corpo técnico e ejecutada por Puga

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O Moro a pesar de que non pudo facer nada intentouno hasta o último minuto

A próxima semana partido dos marcados no calendario pola sua importancia, xa que unha victoria nos deixaría a salvación na man.

2 Comments:

  1. Anónimo said...
    a verdade e que neste último partido, non hai moito que criticar,pois debeu ser uns dos mellores de toda a temporada, incluido ao noso porteiro (e sin que sirva de precedente),que por fin foi capaz de manter a cero a portería, e eso que a pouco maís matanolo. Moi bo partido dos 3 centrais(as variantes tácticas do mister son de outra galaxia),e tamén destacar ao de Cequeril e os goles, pois calquera deles foron dignos de grabar. Asi que esperemos que o Navegante non nos veña a chafar a festa, e teñamos un final de liga tranquilo, pois a cousa parece encarrilada.
    Sueiro said...
    Xa te botaba de menos. Eu tamén te quero

Post a Comment