Búsqueda personalizada

Partido que nos deixa practicamente un ano máis en división de honor a falta, para nos, de catro partidos e que fai que o partido da próxima semana contra o Lalín, non teña a transcendencia que tiña nun principio xa que era o partido que tíñamos marcado en vermello no calendario.

Do partido, duas partes moi diferenciadas e marcadas sobre todo polo aire, que non era excesivo pero si que molestaba a salida do balón da defensa. Nos túvemolo en contra na primeira parte e así nos foi, non tiramos un tiro a portería e solo a diosa fortuna quixo que non fóramos ó descanso con uns cuantos goles en contra xa que tuveron ocasión de todos colores, sin porteiro, con porteiro, o pau, intentos de vaselina, etc. Tamén e verdade que foi unha primeira mitade chea de incidencias en canto a lesións incluso un xogador visitante necesitou varios puntos de sutura nunha ceja. A parte positiva e que coas interrupcións por estas incidencias xogouse algo menos. Ó descanso, 0 a 0 e gracias.

A segunda parte, todo cambiou, ademáis de polo vento, porque Nacho no primer minuto marca o 1 a 0. Todo empezou polo que falábomos do aire, saque de portería que se queda corto, recolle o balón Miguel que de primeiras dallo a Nacho que recibe de espaldas e de volea á media volta marca dende o borde da área. Acusou o Universidade o gol e nos disfrutamos dos nosos mellores minutos do partido e eso levounos a dispoñer de ocasións bastante claras sobre todo en xogadas levadas por Nacho que por dar o último pase mal e outras por non saber definir nos man a man non consigueu que subiran ó marcador. O non sentenciar o partido creábanos a incertidumbre de todos los partidos e que sempre nos pasa, erro que teñamos gol e a sufrir. E así foi erro de entendemento da defensa e o porteiro, dianteiro que mete o pe e marca, 1 a 1. Cinco minutos para o final, márcannos o empate e o galiñeiro revuelto. Pero cousas do futbol e parecido ó da semana pasada en menos dun minuto, Andrés recolle un balón en tres cuartos de campo e engancha unha volea que entra axustada ó pau. Definitivo 2 a 1 que calmou os alporizados ánimos da banda. Hasta o final algún corner en contra pero sen perigo.

O CRACK DO PARTIDO






Traballou moito durante todo o tempo que estuvo no campo

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO












O KILLER: A importancia do seu gol faino merecedor deste premio. Xogou tres partidos este ano e marcou dous goles, boa media

O MURO: Na sua línea

A CLAVE: Que non nos golearan na primeira parte

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O 4 do Rosalía

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    o equipo xa parece o Madrid, co sufrimento dos últimos minutos,pero en fin o obxetivo parece xa esta no papo, non sin algo de sorte, pero ao cabo mereceuse. Agora nos partidos que quedan, disfrutar e a quedar entre os 4 primeiros, que non é ningunha toleria dada a igualdade que existe, o que sería a mellor clasificación da historia dos veteranos,

Post a Comment