Búsqueda personalizada

ROSALIA 1 - CUNTIS VETERANOS 2

Victoria das que dan moral e que nos deixan casi os dous pes en división de honor ainda que hai que certificalo con outra victoria máis polo menos.

O comenzo do partido non presaxiaba nada bo xa que eles apretaronnos bastante e ademáis estuvemos demasiado metidos atrás polo que tiñan moito campo hasta que nos lle empezábamos a dificultar un pouco a salida do balón. Dispuxeron de varios corners pero non crearon ocasións de gol, salvo un tiro dende a frontal que envía o porteiro a corner. A medida que pasaron os minutos, sacamos o cu da portería e o partido xa cambiou de color, primeiro con salidas á contra que supoñían ocasións na portería local e co pasar dos minutos facíanse máis claras, sobre todo duas, a primeira nun balón que centra Nacho na línea de fondo e Puga en posición un pouco forzada non é capaz de metela na portería, e a segunda Monty que con campo para avanzar e a Miguel ó seu lado decide lanzar dende o borde da área e vaiselle lonxe. Viase que se podía marcar e nunha xogada similar á da ocasión de Puga e cos mismos participantes, esta vez remata co balón nas redes despois do cabezazo de Puga que nada pode facer o porteiro do Rosalía, 0 a 1 e pouco menos de 10 minutos para o descanso o que se chegou sin nada que saliantar.

A segunda parte tuvémola bastante controlada, moi ben en defensa e eles que solo creaban perigo en faltas laterales e corners, pero os que nos repondíamos con rápidas contras que creaban dudas no equipo local. Estaba máis cerca o 0 a 2 que o empate e máis cando Alberto falla a ocasión máis clara do partido nun pase que lle chega á área pequena co porteiro batido, toca mal o balón e vaiselle por encima do longueiro, dificil de creer. O partido de estar casi sentenciado volveuse en contra ós 10 minutos do final, como non, nunha falta lateral (das moitas que concedemos) remata un xogador local as redes. A cousa, a verdade, e que a vimos complicada xa que eles foron rápido a polo balón para ir a polo partido e nos xa casi dábamos o empate por bo, ainda que fóramos merecedores do partido. A falta de catro minutos, balón en profundidad de Nacho, que Miguel, ca sua velocidad, anticipase á salida do porteiro e con algo de suspense pola parsimonia, marca o que foi definitivo 1 a 2. Dispuxeron eles dunha ocasión antes de rematalo partido, nun saque de portería que se queda corto, que termina cun remate de cabeza do seu dianteiro e que saca a corner o porteiro.

Este partido ganado, quítanos moita presión de encima para os próximos partidos pero estamos algo gafados cos resultados e non nos distanciamos máis de 3 puntos do descenso polo que hai que ganar un partido pronto para deixar o traballo feito. Próximo partido bastante complicado para puntuar pero intentarase.

O CRACK DO PARTIDO





Un baluarte en defensa este tío

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO











O KILLER: Como no partido contra o Rosalía da primeira volta aparece aquí Miguel, pero esta vez o seu gol valeu para dar os tres puntos, cando daquela foi o do honor

O MURO: Como o crack xa que se supón que é un muro poño a este que fixo bastantes roubos de balón e liberaron ó equipo en defensa

A CLAVE: A maioría do equipo estuvo moi metido no partido, sabendo o que nos xogábamos

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Eu son facilmente sobornable, así que o 4 que é un crack (xa che darei despois o meu número de cuenta)

11 Comments:

  1. Anónimo said...
    Coño Gosi que caña me estás metendo, xa sei que era fácil metelo, pero....jejejeje.... Alberto
    Sueiro said...
    A ti pasouche coma a min cos saques de porteria. Xa e raro que o anonimo ainda non dixera nada
    Anónimo said...
    Ademais de bo porteiro vexo que eres un tipo de palabra, jrasias, pero para o ano prometo marcarche un jol, que empesei a entrenar coma un tolo para o ano que ven, que este non me apetesia, por eso xojo tan mal ultimamente...
    Desexovos sorte pois sodes un equipo que nos cae ben os do Rosalia, non sei si por ser de serca ou que, pero con vos sempre foron partidos "sanos".
    Pois eso, moita sorte no voso camiño hasia a salvasion.
    Anónimo said...
    a verdade e que o partido do rosalia, quitounos un peso derriba, en xeral foi un bo partido de todo e equipo sobre todo defensivamente, destacar tamen o oportunismo do pequeno, cando peor pintaban as cousas despois do empate deles, ainda que as mellores ocasions deles, viñeron de regalos nosos, incluidos os saques do noso porteiro (pa min que o facía para lucirse depois nas paradas que fixo).A todo esto da gusto co cronista, como fai amigos no blog, a ver si ademais dos rivales, tamen fala ben dos arbitros que algún haberá que lea a crónica
    Sueiro said...
    Dos árbitros non hai moita queixa, que xa bastante teñen con aguantarnos, e a maioría pita o que ve(aguantar a algúns do noso equipo ten mérito), ainda que algúns xa son casi coma do equipo cas veces que nos pitan. Solo falo deles cando pasa algo "raro", este ano solo foi unha vez. Durante un tempo estuven pensando en poñer nota a cada árbitro pero non o vin claro.
    Pola miña parte xa teño o crack do partido do Rosalía polo menos das tres próximas temporadas, xa non fai falta nin que me metas un jol e cando tires non valen barranquillolos que me podes lastimar. Eu tamén estou entrenando duramente incluso comprei a serie enteira de Oliver e Benji. Sorte a vos tamén e de paso a ver se lle ganades ó Xallas
    Anónimo said...
    veña cronista,animate e dalle un pouco de cancha aos arbitros que polo que cobras traballar un pouco mais na crónica, non vai supoñer que en vez de sair os martes - mercores, teñamos que esperar por ela ata o fin de semán, e así faslle un pouco a pelota a tratannos mellor, que alguns xa estan ameazados ca 5 amarela, ademais a ti eso daseche moi ben, pois non sei que explicación ten, que o noso Presidente Boluda, o único posto que ningunha temporada plantexase reforzar e o do porteiro e así nos vai, con 43 no lombo.
    Sueiro said...
    A pesar de non estar ó nivel do ano pasado, penso que 43 goles son moitos pero tamén creo que poideron ser moitos máis. O meu contrato co club é vitalicio, está no contrato cando fichei
    Anónimo said...
    ben,tamén e certo que o noso porteiro,salvounos alguns puntos sobre todo parando penaltis,pois ten mellor porcentaxe que Notario; xa que os dianteiros,cando baixan a defender son un perigo, seguro que si miramos a estadística fixeron eles mais, que a defensa. Pero o dos contratos vitalicios al igual cas "stock options", van ser suprimidas de raiz cando remita a crisis e podase plantexar un moción de censura como e debido pois o da convocatoria electoral non ten moito futuro.
    Sueiro said...
    Este ano pitáronnos menos penaltis en contra, debe ser que os dianteiros non baixan a defender. E cando baixan bótanlle a culpa ó lateral izquierdo.
    Anónimo said...
    Bueno se queredes deixar falar ós demáis algo agradeceríamolo, posto que esto xa parece un partido de tenis entre o porteiro e o anónimo, non sei se ese dito de que os amores máis reñidos son os máis queridos se estará a facer efectivo e aparecerá ó final un romance entre eles, é dicir, unha mariconada...

    monty
    Anónimo said...
    pa min que o de Cequeril o que ten son celos, no fondo, quere estar de crack, todas as xornadas, por eso faille tanto a pelota ao cronista, pero no tema dos penaltis temos que revisar as estadisticas e comprobar cantos fan os nosos dianteiros (seguro que unha chea deles), e insistindo no da moción de censura, despois de presentala, algún no equipo, quedanlle menos de dous telexornais....

Post a Comment