Búsqueda personalizada

Partido entre dous equipos que xa tiñan os deberes feitos, polo que non houbo a tensión de cando hai algo en xogo, e menos mal por que facía moito calor. Fixemos un once contra once xa que os dous equipos estábamos sen cambios. Moitas ocasións en cada portería e moito traballo para os porteiros no que pudo ser un resultado moito máis abultado

Na primeira parte, o domino foi total do equipo local e estuvemos bastante mal, marcáronnos mediada a primeira parte e despois no último minuto co que se chegou ó descanso con un dous a cero que decía quen fora o mellor neste periodo. Ainda así poidemos meternos no partido con un tiro de Zalez o pau e con un man a man que tuvo Miguel que fallou.

O segundo tempo o partido sigueu sendo un correcalles pero no que nos tamén chegábamos con bastante perigo ainda así chegou o terceiro gol do Roomel que fixo decaer as ansias de sacar algo positivo de Dodro, e sobretodo despois do penalti fallado por Miguel e que Victor se retirou lesionado e quedamos con dez e esto xa nos aplanou de todo. Cando todo parecía decir que non marcaríamos o mesmo Miguel bate ó porteiro noutro man a man e pouco despois Monty marca e ponlle moita emoción ó partido con un tres a dous e moito partido por diante. Sigueu habendo moitos ocasión nas dúas porterías e viase que estaba máis cerca o empate que o gol local pero xa sabemos que cando non se marca márcanche, gol a pouco do final que puxo no marcador o definitivo 4 a 2.

Xa abandonamos a idea do terceiro posto, agora xa nos vale o décimo que é o último que non descende. Por certo, para a semana o partido e as sete

0 Comments:

Post a Comment