Búsqueda personalizada

Video

Potencia e colocación, se o chega a meter Cristiano Ronaldo taríamos aburridos de velo, ou non?



Dedícolle este post a Ramón, Correa, Dieguez e compañía que, despois do do sábado, están a pasar un momentos duros.

2 Comments:

  1. Correa said...
    Sr Analista:
    Certo é que os tempos chegados non son os máis axeitados para as nosas inquedanzas deportivas na sección futbolera, aínda máis pasado este mércores cando comprobamos que a equipa dos soños dalgúns dos militantes nos Veteranos se vén de clasificar para a disputa da Copa de Campións. Aos compañeiros de viaxe darlles ánimos: Manolo supoño que o vía vir, e Ramón hai que facerlle ver que neste mundo de Dios todos teñen dereito a gozar duns intres de ledicia. Parabéns para os rivais, aínda para os que se agachan ata que pasou a treboada e pillan troitas sen mollarse, entendendo que canto menos tempo gozas dunha cousa máis extase aprecias. Sen dúbida hai que mirar o lado positivo, sempre visto desde aqueles que xa temos saltado con goles, brincado coas copas e disfrutado con futbol eficiente e entretido, insisto positivo porque a situación na que nos vemos supoño que encamiñará a mellorar o xeito de facer as cousas, o nivel de esixencia e a non mestura de conceptos alleos ao mundo da pelota.
    Amiguiño, disfruta do momento, pero non me quixera esquecer de lembarche un versos que sirvan de consello:
    "cuan presto se va el placer,
    cómo, despues de acordado
    da dolor,
    ...
    Pues si vemos lo presente
    cómo en un punto es ido
    y acabado,
    si juzgamos sabiamente,
    daremos lo no venido
    por pasado.
    ...
    Repito, os meus parabéns para todos os "inextremis".
    Sueiro said...
    En ningún momento aparece por ningún lado que me alegrara, que por outro lado, é certo, máis polo que significa para os estilos de futbol que por ser ou non do Barça ou Madrid. Destapouse a gran mentira do futbol, non crees?

Post a Comment