Búsqueda personalizada

Nos coma o Madrid e o Barça, unha vez que cumplimos o obxetivo deixámonos levar e levamos nos tres últimos partidos.

Este era un partido que se aplazara duas veces no seu tempo e que nos chegou con máis ganas de ir cenar que de xogar, de todas maneiras o Negreira foi xusto vencedor sobretodo porque puxo máis ganas para levarse o partido e ademáis nunca lle pillamos o punto ó encontro. Moita discusión pero pouco xogo.

Eles dominaron máis a partir do primer gol, hasta ese momento o partido estaba algo máis parexo a pesar que fallaran antes un penalty, que parecía que indicaba que había opcións no partido. Pero nada máis lexos da realidade, ese primer gol foi o principio do fin xa que nos últimos minutos da primeira parte marcan o segundo e xa viamos que a cousa iba estar complicada. Goles, estou seguro, que nun partido que houbese puntos necesarios non no los houberan metido, xa que foron goles evitables con algo de tensión.

Na segunda parte quixemos meter o gol que nos dera algunha opción no partido, incluso tuvemos algunha ocasión clara pero eles á contra crearon perigo, e remataron por marcar o terceiro.

Fin do partido e da temporada con record de puntos para nos

0 Comments:

Post a Comment