Búsqueda personalizada

TORNEO DE CALDAS

Con esta entrada volve a actividade no blog despois dos meses sabáticos que colleu o seu administrador.

En canto o torneo de Caldas comentar que se fixo un partido bastante bo, e completo para ser o primeiro, contra o Moraña o que dominamos toda a primeira parte, que terminou con 1 a 0 (gol de Nacho) pero na que poidemos sentenciar o partido se aproveitáramos as ocasións sobre todo a de Vilariño (posible nova incorporación). A segunda parte foi máis parella, máis que nada porque nos marcamos un gol en propia meta nun balón sen perigo ningún e eso creounos desconfianza, e ademáis o calor apretaba e a inactividade empezou a notarse. Os penalties foron a nosa tumba e quedamos eliminados, para a miña opinión, sen merecelo, xa que fomos superiores no cómputo xeral do partido.

O próximo amistoso será este sábado en Cambados co salida de Cuntis as 5 e media.

0 Comments:

Post a Comment