Búsqueda personalizada

Serio correctivo o recibido este sábado en Chaián, a parte de polo resultado, pola desconfianza que creou no equipo despois dunha pretemporada que prometía algo máis que o mostrado no partido.

Desastre colectivo, sobre todo no primeiro tempo no que ós cinco minutos xa perdíamos dous a cero e ó descanso catro a cero.O equipo local foi moi superior a nos con moita movilidade e desbordounos as veces que quixo. Certo é que tuvemos algunha ocasión clara pero solo serviría para maquillar o resultado. Decir que o noso nivel de berros entre nos vai en relación ó mal que o estamos a facer. Quedou demostrado.

Na segunda, a consigna era non salir cunha goleada de escándalo. Salimos mellor posicionados e melloramos bastante ainda que eles seguiron tendo o control pero polo menos controlamos mellor os seus ataques. Ainda así recibimos o quinto e pouco despois Nacho marcou o tanto do honor e abreu o noso casilleiro esta temporada. Partido para olvidar pero tamén para aprender.

Sempre se poden quitar cousas positivas destes partidos como... bueno agora non me acordan pero seguro que ten que haber algunha.

GOLES: NACHO (1)
CARTONS AMARELOS: RAMON (1)
PASAN POR CAIXA: RAMON (3)

7 Comments:

  1. Anónimo said...
    empezou ben a cousa,unha boa tunda para todo o equipo en xeral incluido o probe Domin, que con tanto apunte de libreta o aturullaron, suscribir co cronista no dos berros no campo, así que ou cambia o panorama ou cada partido vai parecer unha feira. Por certo a ver si en Negreira aparece o crack, muro, killer etc, sinon xa vexo ao cronista con outros 5 no lombo
    Sueiro said...
    Estuvo o partido como para haber cracks e killers...
    XMCorrea said...
    Como sempre, o anónimo, ponse na parte negativa e botar leña no lume por ver se con este tempo incendiamos algo. Sr Anónimo, deixémonos de "boa tunda", "pobre Domin", "ñlibretiña de apuntes" "unha feira" e pensemos en tirar do carro todos pola cabezalla .
    Tentemos evitar que se repita a tunda facendo o que indica o catedrático Domin a cada quen, para o que non lle fai falla libretiña. Teñamos un pouco de sentido de equipo sen pensar en facer a miña propia feira. Os que fan esa "feira" poden empregar malas formas pero no fondo están a sentir o que fan e fano coa mellor vontade.
    Todos sabiamos con quen xogabamos e como as gastan, non busquemos culpables nin xustificacións e ... sobre todo esto non fixo máis que comezar e se alguen ten a formula máxica involucrarse aportando e correndo riscos.
    Somos un equipo e non temos que agardar pola chegada de ninguén senón crer nas propias posibilidades. Se nón se marcan goles polo menos evitar que nolos fagan e ... sobre todo animar ao persoal, tarea que considero fundamental por parte dos máis veteranos.
    Sueiro said...
    Bastante dacordo co que dis
    Anónimo said...
    o carton amarelo xa esta pagado ! asique sacame da lista de morosos
    Ramon said...
    ..
    Ramon said...
    o anonimo de antes era eu ! foi sen qerer

Post a Comment