Búsqueda personalizada

A crónica pasouma un anónimo , coa condición de que non cambie nada do que escribeu, a ver se adivinades quen foi.

O partido durou para nos vinte minutos que foi o que tardaron en abrir o tarro, por certo con unha pequena axudiña arbitral ainda que non creo que lle fixera moita falta. Cando marcaron o cero a un e o cero a dous parecía que nos ían arrollar pero nunha boa xogada persoal, Jorge, marca o un a dous e levantounos un pouco a moral, digo un pouco porque a renglón seguido eles marcan de novo e a partir de ahí fan de nos un pandeiro hasta que Ramón marca o 2 a 7 nun balón que rouba Nando.

Este equipo está claro que non é da nosa liga, pero ainda así se o porteiro titular, ou digo, o único porteiro que temos se deixara de construir cortellos e viñera a xogar igual non nos facían semellante roto (ou si)

De todos modos esto xa parece un equipo de verdad, antes iamos catro a tomar os pinchos agora imos case todos, antes berrábamos dous no campo agora berramos cinco ou seis, si señor, xa empezamos a traballar en equipo. Por certo, Domin presentou a sua dimisión que non lla aceptou nin o público presente nas gradas,nin os xogadores. Agora que se vai a pasalo tan mal como di, non é cuestión de que siga sufrindo co bo rapaz que é.

Agardemos que nos poñamolas pilas para a vindeira xornada e fagamos un partido serio que é o que precisamos para non pasar apuros ó final.

P.D. Don Jaime, non bebas a auga dos demais, sobre todo a de Monty

Bueno, esto foi todo o escrito polo noso cronista desta semana. Como vedes na encuesta gañou que volva a historia do Crack, Muro e demáis pero o non poder asistir empezamos con eso para a semana. Por certo, para os que non saben o que é a ver si nos siguen máis a menudo.

GOLES: JORGE (1), RAMON (1)
PASA POR CAIXA: DIEGUEZ (3-->6)

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    ten razón o cronista suplente, cando dí que agora somos un equipo.... sobre todo, no de berrar no campo,pois xa tiñamos poucas vacas no millo, que xuntaronselle algunhas mais. O dos seguros está encantado da vida, pois agora ten tres ou catro, que copiano e berran tanto ou mais que el, e eso que o sábado faltou Nachito,que e outro dos que de lengua anda fino, mais cando se lle acaban as forzas. Polo demais en canto ao partido, pouco que decir, nin destacar nin criticar a ninguén dos 16-17 que xogaron.
    Ollo a estratéxia dos botellins de auga, ¿pa mín que é para despistar ao contrario?.

Post a Comment