Búsqueda personalizada

Partido moi completo pola nosa parte en tódalas líneas, ó que só lle faltou sentencialo na primeira parte cas ocasións que tuvemos ante un rival ó que lle faltaba algunha xente.

Cando eu cheguei (xa empezado o partido) xa se vía que o equipo estaba bastante metido no partido e poñía bastante intensidade. Todo o contrario que no partido anterior, nadie diría que éramos o mesmo equipo. A clave do partido descubreuse pronto e non era outra que presionar a salida do balón na defensa do equipo local e que tuveran dificultade para facela chegar ó medio do campo e á dianteira. Esto fixéronno case á perfección Zález, Monty, Ríos e Nacho, polo que os balóns que salían desa presión a nosa defensa tiña menos problemas para sacalos e escasamente chegaban á nosa portería. Neste período poidemos sentenciar o partido sobre todo cas ocasións de Ríos que poideron poñer un resultado máis claro ó noso favor. Pero como o fútbol ten estas cousas, un balón que parecía fácil para o porteiro Nacho anticípase e marca. O resultado facía xusticia o que pasaba no campo, 0 a 1 co que chegou ó descanso.

No segundo tempo o Negreira presionounos máis e xogou un pouco mellor que na primeira parte ainda que non conseguía ter ocasións claras, nos xogábamos á contra e xerábamos ocasións, non tan claras como as da primeira parte, destacando un tiro de Ríos e un de Zález. O partido cambiou cando nos quedamos con dez a falta de 25 minutos, o seguintes dez minutos foi cando peor o pasamos, cando nos crearon os maiores problemas e marcaron o seu gol. Un empate a un que non reflexaba para nada o que pasaba no campo pero que nese momento tiña visos de que a cousa podía ir a peor para nos. Cando empezábamos a desperezarnos un pouco da sua presión chegou o penalti ó noso favor nunha patada que resonou en todo o campo. O penalti encárgase de transformalo Zález. Esto xa nos dou máis confianza e sabendo que se querían ganar terían que arriesgar bastante para marcar dous goles e intentaríamos pillalos á contra. Pero cando todo semellaba baixo control, o árbitro pita penalti nunha xogada na que o xogador local está buscando que llo fagan. O Negreira non consigue marcar o penalti e baixou un pouco os brazos na recta final do partido que entre o que chovía e a hora que era apenas se vía nada(polo menos na miña área).

Puntos moi importantes para nos xa que a derrota da semana anterior deixáranos bastante tocados, e que levanta a moral de cara ó primer partido na casa.

GOLES: NACHO (1-->2), ZALEZ (1)
CARTONS AMARELOS: JAIME (2), MONTY (1), RIOS (1), DIEGUEZ (1)
CARTONS BERMELLOS: JAIME (1)
PASA POR CAIXA: DIEGUEZ (3)

6 Comments:

  1. rios said...
    Esta semana teño que felicitar a Sueiro por parar o penalti que o final dounos a victoria no partido e algo que sería totalmente inxusto que incluso nos empataran pero en partidos como estes de 10 xogados ganas 8.
    Anónimo said...
    suscribo o dito, no primeiro comentario, destes 3 puntos (importantísimos),temos que darlle 2 a Sueiro, ainda que non e ben botarlle demasiadas frores,non vaia a ser que se lle suba a cabeza, pero ai que reconocer que o momento de parar o penalti e clave no resultado final. Polo demais moi bo partido en xeral de casi todo o equipo(algún habia que levalo preso)e esta claro que xogando así, non vai ser facil gañarnos.
    Anónimo said...
    invitovos tamén a que miredes a crónica do partido por parte dos contrincantes do sábado pasado, porque o da crónica ou non foi o partido, ou estivo noutro partido que non era o noso, ou o que llo contou tiña unha borrachera que non se tiña en pé;a ver se foi a confundir as camisetas, porque según o "columnista" mereceron ganar eles.Je,je,je.... voume a reir por non chorar.saudos
    Anónimo said...
    invitovos tamén a que miredes a crónica do partido por parte dos contrincantes do sábado pasado, porque o da crónica ou non foi o partido, ou estivo noutro partido que non era o noso, ou o que llo contou tiña unha borrachera que non se tiña en pé;a ver se foi a confundir as camisetas, porque según o "columnista" mereceron ganar eles.Je,je,je.... voume a reir por non chorar.saudos
    Sueiro said...
    Como diría un descuartizador, amos por partes.

    Un. Os halagos que me votades xa volos recordarei cando me coma algún balón.

    Dous. Estou con Ríos en que se houberan metido o penalty terían empatado o partido cando houbo bastante diferencia entre un equipo e outro.

    E tres. Supoño que na crónica do Negreira cando fala de que o partido foi malo de solemnidade supoño que valora o xogo do seu equipo, e non fala de que poideron gañar senón que di que se meten o penalty ainda empatan, eso si, creo que sen merecelo.
    ibai said...
    non o dudes.Como teñas un fallo caña contigo.A por eles

Post a Comment