Búsqueda personalizada

PEPE NOYA 3 - CUNTIS VETERANOS 2

A historia de tódolos sábados, xogamos tan ben ou mellor que o contrario pero perdemos sempre, este sábado non foi unha excepción. Válenos o dito de xogamos coma nunca e perdemos coma sempre.

Non me vou a parar a detallar as ocasións, senón estaría aquí hasta mañan, así que falarei en xeral. Na primeira parte demos un recital de xogo, sen apenas deixar xogar ós locales e sin que crearan ocasións, nos dedicámonos a estragalas, desde tiros o pau a xogadas ben trenzadas que non se conseguían materializar en gol. Unha pena, xa que á media hora, falta discutida xusto no borde da área e gol pola escuadra do Pepe Noya, 1 a 0. Vimoslle as orellas ó lobo e no tempo que quedaba seguimos co mesmo xogo e agora si chegan os goles primeiro Ríos e despois Miguel pasaban do un a cero ó un a dous en pouco tempo. Lástima que acabara a primeira parte porque lles caería algún gol máis.

Na segunda, empezou outro partido. Eles foron máis ó ataque e nos á contra poidemos sentenciar con uns cuantos goles máis. Pero o de sempre, nos perdonamos e a nos non nos perdonan nin unha, asi mediada a segunta parte e tras varios rechaces empatan o partido. A partir daquí chegaron as nosas ocasións máis claras pero que, por unhas cousas ou por outras, non fomos quen de marcar. Xa nos temíamos o de sempre, ó final nunha xogada, márcannos e acabouse o partido. Dito e feito, balón longo, dianteiro en fora de xogo pero que marca o gol e sin tempo para facer nada máis. 3 a 2, resultado final, que non fixo xustiza ó visto no campo pero algún día terá que facerse. Por intentalo que non sexa.

Por certo, o árbitro tiña un certo tufillo caserillo.

O CRACK DO PARTIDO: Voullo dar a Ríos sobre todo porque tirou bastante do equipo na segunda parte, amén do gol

O KILLER: Miguel, que marcou o seu primer gol e esperemos que o primeiro dunha gran racha

O MURO: Monty, que se estrenou de libre ainda que na segunda parte complicou algún balón na área

A CLAVE: A nosa falta de gol

GOLES: RIOS (1-->3), MIGUEL(1)

PASA POR CAIXA: DIEGUEZ (6-->12), JAIME (3)

0 Comments:

Post a Comment