Búsqueda personalizada

Superámonos. Cando xa parecía que tocáramos fondo e non se podía xogar peor, nos facemos o máis difícil todavía e facemos un partido indecente dun equipo que quere seguir en división de honor. Solo nos salvou que, ó ser de copa, e ser un equipo de inferior categoría (para o ano xa estaremos na mesma) non supo aproveitar a nosa desfeita no campo. Calquer equipo de división de honor houbéranos dado unha boa quenta.

Víñamos de xogar dous partidos bastante serios e parecía que o equipo empezaba a coller unha línea ascendente pero xa se veu na primeira parte que fora un espellismo xa que calquera que estuvera na grada pudo observar o lamentable espectáculo futbolístico que demos. Con estas premisas solo se podía chegar o descanso co empate inicial.

Na segunda melloramos algo, pouco, pero polo menos marcamos un gol por medio de Monty nun balon que lle rouba o defensa dentro da área, e ó non despexar, rouballe a carteira e marca. Pouco máis, un tiro o poste de correo xa terminando o partido e pouco máis. O rival creounos algo de perigo na primeira parte co seu dianteiro pero na segunda acabóuselle a gasolina e disipouse.

Quedarémonos con que pasamos de ronda, que ó final e o que conta, e olvidarémonos do xogo que fixemos. O 27 de Febreiro xogaremos cos Veteranos do Compostela, no seu campo e tamén a partido único, que eliminou ó Rodeiro por 4 a 1

GOLES: MONTY (1)
PASA POR CAIXA: JORGE (3-->6)

0 Comments:

Post a Comment