Búsqueda personalizada

Presentábase o primeiro dos seis partidos consecutivos de liga que temos na casa, como unha das finales que nos quedan para ter algunha opción para salvarse. Calquer resultado que non fose a victoria condenaríanos a media temporada sin nada polo que loitar.

A pesar da importancia do partido, o equipo estuvo bastante metido no partido e xogando decentemente, dispuxemos de algunha ocasión sobre todo entrando polas bandas, centros de Piñeiro e Nando crearon ocasións que non fomos capaces de materializar, algo quer non tardamos en pagar xa que nun dos poucos erros que tuvemos marcannos o 0 a 1. O que máis e o que menos pensou en que era a historia de tódolos sábados, moita ocasión pero sempre gañan os contrarios. Pero este equipo dende fai unhas xornadas é outro e non se dou por vencido e puxo ainda máis ímpetu para conseguir a victoria pero non había maneira de marcar, ocasión tras ocasión fallada, destacando a de Ríos diante do porteiro que non é capaz de materializar. Para máis inri, nun balón que se perde chega unha ocasión moi clara para eles ó plantarse un xogador solo dentro da área pero o seu remate vaise por arriba do longueiro, era inxusto, pero pudo ser o 0 a 2.Chegábamos ó descanso perdendo e con dúbidas polo resultado.

A segunda parte foi outro cantar, salimos enchufados e empezamos a encerrar ó rival no seu campo, e o pouco de empezar xa lle caeu o primeiro, nun tiro de Jorge que sale rebotado e que Nando, no segundo pau, manda as redes. Foi o punto de inflexión do partido xa que eles viñeronse un pouco abaixo e nos aproveitamos para pouco despois marcar o segundo nun centro de Jorge que Rios cruza de cabeza ó fondo da portería. Aquí xa estaban tocados e apenas salían do seu campo e as veces que o facían a nosa defensa, ben colocada toda a segunda parte, encargábase de desfacer calquer atisbo de ocasión, Era o momento de sentenciar o partido con un gol máis xa que solo iban dez minutos e en calquer error podían facernos un gol, pero os minutos foron pasando e nos non marcábamos e a incertidume do resultado estaba ahí. Eles non inquietaban pero nos non sentenciábamos, hasta que nunha xogada ben hilvanada dende atrás pola banda dereita acabou nun pase de Rios a Miguel que con moita sangue fría bate ó porteiro. Faltaban dez minutos para o final e o partido parecía resolto, a parte de polo resultado polo baixón que deron os visitantes na segunda parte.

Agora toca copa, Veteranos do Compostela, moitas baixas entre elas a de Zález que esperemos que esté pronto para xogar.

GOLES: NANDO(1-->2), RIOS(1-->4), MIGUEL(1-->7)
PASA POR CAIXA: JORGE (3-->9)

0 Comments:

Post a Comment