Búsqueda personalizada

Derrota que non reflexa para nada o que pasou no encontro mentras o árbitro quixo. Cando decideu que xa puxéramos en demasiados apuros ós locales, ó partido solo lle quedaba esperar o pitido final. Nada que non supéramos neste tipo de partidos.

Comenzamos defendendo ben as acometidas dun bo equipo pero creo que vai a menos. Pasan os minutos e xa empezamos a achegarnos a sua area, algo complicado xa que o árbitro non quería ver as faltas deles (non tiñan problemas en reconocer que si eran faltas, pero que eles nas iban pitar) e cando digo faltas non me refiero a faltiñas.A media hora decideu que xa nos achegáramos demasiado, incluido un tiro o pau de Jorge, e empezou a sacarnos tarxetas por decir calquer cousa e o equipo empezou a pensar máis en él que no partido. Cinco minutos despois, píllannos nunha contra e marca o un a cero. O partido non cambiou nos seguimos na misma tónica hasta que noutra falta moi clara que non pita e na que o xogador local pide disculpas, dille a Monty que as patadas lle doen porque non leva espinilleras, respondéndolle este que as patadas son patadas leve espinilleras ou non, polo que ante tal insulto expulsao. A parte xa aproveitou a xogada para quitarnos unhas tarxetas máis os que pasaban por alí. Ahí acabou o partido, para mais inri, na siguiente xogada á expulsión, marcan o dous a cero ó borde do descanso.

A segunda parte, foi un ataque continuo deles, ainda que nos tamén dispuxemos de algunha ocasión, e foronnos caindo o terceiro, cuarto e quinto. Xa ó final Miguel fixo o tanto do honor.

Non necesitan axudas para ganarnos pero se llo poñen en bandexa gana calquera. O árbitro xa nos cheirou mal cando o vimos xa que sempre que xogamos contra alí pásannos cousas raras cos árbitros. Supoño que solo serán casualidades... Tamén algún xogador local iba un pouco de sobrado cando estábamos con dez, eso faino calquera, tamén é certo que o puxeron a xogar cando ganaban holgadamente, por algo será.

GOL: MIGUEL (1-->6)
PASA POR CAIXA: MONTY (6-->9), CORREA(3), CONSTENLA (3), JORGE (3-->6), ZALEZ(3)
Esto foi o único bo das protestas

0 Comments:

Post a Comment