Búsqueda personalizada

Punto que non ten moita importancia de cara a clasificación xeral pero si para o ánimo do equipo xa que fixo un bo traballo que merecía unha recompensa, na línea dos dous últimos partidos de liga (o de copa mellor olvidalo).

A primeira parte empezou mal para nos xa que quixemos xogar sin moito patadón, e así nos foi, xa que eles xa sabían que coas dimensións do campo a única maneira de facer algo era meter balóns arriba e olvidarse do medio do campo. Levounos dez minutos decatarnos, o problema e que xa tíñamos un ó lombo, en posible fora de xogo pero que era o 1 a 0. O xogo convertiuse nunha loita de balóns aéreos na que os locales quitaban bastante os codos de paseo. Poucas ocasións neste período, destacar un bo tiro de Jorge, pouco despois do gol deles, que parou o porteiro e algunhas faltas nosas que crearon certo perigo.

Na segunda parte, estuvemos máis asentados no campo pero a reducidas dimensións do campo, sobre todo ó ancho facía que non houbera hocos ainda que a nosa sensación de perigo medraba cos minutos. Eles tamán dispuxeron de algunha boa ocasíón, todas de balóns largos, pero non conseguiron marcar. A falta de cinco minutos e cando máis apretábamos, Miguel recolle un balón morto na área e marca o empate. Daba a sensación de que se podía conseguir algo máis pero quedaba pouco tempo e non pudo ser ante un equipo que non demostrou, para nada, a sua clasificación.


GOL: MIGUEL (1-->5)
PASA POR CAIXA: NACHO (3)

2 Comments:

  1. Anónimo said...
    a que hora salimos sabado
    Sueiro said...
    Creo que as 3 xa que creo que empeza as 4. Fala co presi

Post a Comment