Búsqueda personalizada

CUNTIS VETERANOS 0 -DON BUDI 0

Ocasión desperdiciada para recortar puntos pero tamén é certo que non fixemos un bo partido.

Empezamos o partido coa idea de estar ben plantados no campo e a partir de ahí empezar o noso xogo, e a verdade e que fómonos entonando cos minutos e dispuxemos de boas ocasións, Miguel tira fora un balón que se lle escapa ó porteiro, Nacho lanza unha falta que se vai por pouco e algunha chegada máis. Polo contrario, eles apenas creaban perigo salvo algún balón parado. Pero cos minutos fómonos diluindo e perdendo a posición ainda que a defensa desfacía calquer atisbo de ocasión. O a 0 ó descanso

A segunda parte foi un desastre para nos, nunca fomos capaces de coller o segundo balón e eso facía que eles recuperaran rápido o balón e tuveran o dominio do xogo. Solo se salva o trabalo defensivo. Ainda así a cinco minutos do final Miguel, dispuxo da ocasión máis clara do partido, nun balón que lle chega dende a banda, controla e co porteiro batido, o balón vaise rozando o largueiro, gran ocasión que non moveu o marcador. Eles dispuxeron de algunha máis que na primeira parte pero non lograron batir a nosa portería. 0 a 0 e gracias.

PASA POR CAIXA: ALBERTO (3)

0 Comments:

Post a Comment