Búsqueda personalizada

Punto que noutra situación sería un bo punto pero que na nosa e casi unha sentencia. Un partido onde o vento foi determinante.

Escollemos primeiro en contra de vento e salimos mentalizados que o importante era non recibir goles neste periodo, e conseguimos ter ós visitantes á raia. A pesar deso dispouxeron dunha boa ocasión ó cuarto de hora nun man a man que saca o noso porteiro. O resto do tempo, moita loita por cada balón e que non chegaran á nosa área. Pero como nos pasa de todo, nun corner en contra con tres xogadores nosos no primer pau, o balón entra entre o pau e o poste, gol raro pero era o 0 a 1 co que se chegou ó descanso. O que máis e o que menos pensaba que ainda estábamos no partido vendo o discurrir deste e que nos quedaban 45 minutos co vento a favor.

Nada mási lexos, empezamos cunha páxara enorme, na que non demos unha a dereitas e na que lle regalamos o segundo gol nun balon perdido tontamente na banda e tras salvar a salida do porteiro e bater o balon no pau, o rechace marcano a placer. Como peor non se podía facer, dousenos por empexar a atacar algo e a medida que pasaba o tempo empezar a ter algunha ocasión, hasta que chegou o primer tanto, nunha falta dende a banda que remata en primer término Monty e despois da parada do porteiro, Nacho marca. 1 a 2 e bastante tempo por diante. A partir daquí o partido embarullouse un pouco polo que se estaban a xogar os equipos, xa que eles empezaban a ver amenazada a sua ventaxa. Levamos o pau da expulsión de Ríos e quedar con dez non variou a actitud que xa tomáramos no partido e chega o 2 a 2 nun balón co que Monty recorre o borde da área e o seu tiro da nun defensa e entra na portería. Eles tamén crean algunha ocasión que non chegan a meter e nos incluso poidemos ganar nunha xogada que desperdicia Nacho. Daquí ó final, duas expulsións máis, unha por cada lado pero que non variou o resultado final, 2 a 2.

GOLES: NACHO(1-->6) - MONTY(1-->2)
PASA POR CAIXA: JAIME(3-->6)

0 Comments:

Post a Comment