Búsqueda personalizada

Partido que se complicou desde un principio, poucos efectivos, lesións e goles en contra puxéronnos o partido casi imposible

No primer minuto, lesionase Monty e ten que deixar o campo, pouco despois pasalle o mesmo a Nacho ainda que aguanta un pouco máis pero renqueante. Ó cuarto de hora gol dos locales, 0 a 1. En menos de cinco minutos, Miguel marca o empate, 1 a 1 e despois marcan o 2 a 1 de penalti. Nun choque entre Jaime e un xogador do Abanqueiro, os dous teñen que abandonar o campo e Nacho tamén se vai lesionado. O mellor que nos pudo pasar foi o descanso, no que nos vimos eliminados, con un cambio no banquillo e Monty que intentará volver ó partido.

A idea era terminar o partido o máis digno que poidéramos e intentar empatar o partido. Esto conseguímolo bastante rápido por mediación de Andrés. O 2 a 2 fixo que empezara outro partido, nos con máis confianza ainda que caeu lesionado Miguel despois de desaproveitar unha gran ocasión casi na línea de gol. Sin cambios, pero con gol de Monty que poñía o 2 a 3 que xa non poideron igualar a pesar de lesionarse Carlos e non ter cambios, ainda que Miguel entrou no campo para ser once ainda que non pudo facer nada. Daquí o final, acoso deles ó ver o equipo mermado pero sen grandes ocasións.

Calquer equipo de división de honor, houbéranos desfeito en pedaciños. Chegamos onde tíñamos que chegar, agora xogaremos cuartos de final co DON BUDI.

GOLES: MIGUEL(1-->9) - ANDRES(1) - MONTY (1-->3)
PASA POR CAIXA: MONTY(3-->12)

0 Comments:

Post a Comment