Búsqueda personalizada

Victoria balsámica a conseguida este sábado en Touro, por moitos motivos, por que nos facían falta os puntos, porque nos sube a autoestima despois do desastre da semana anterior, pero creo que sobre todo porque ganamos e fixemos equipo. Corremos máis que a semana pasada e axudamos ó compañeiro máis do que fai tempo no faciamos.

Certo, tamén é, que non foi o noso mellor partido, no cal empezamos un pouco titubeantes, máis polas dúbidas que nos xenerara o partido da semana anterior que por outra cousa. Crearonnos algunha ocasión hasta que ó cuarto de hora Emilio remacha un centro chut de Miguel. A partir daquí o partido estuvo totalmente controladp, máis ainda cando, outra vez, Emilio, marcaba o 0 a 2 co que iriamos ó descanso.

Na segunda parte, máis do mesmo, quizás se acentuou un pouco máis o noso dominio e creamos máis ocasións que non subirían ó marcador hasta que Miguel, que xa antes pudo marcar ó aproveitar un rechace do poste a un tiro de Monty, marca un bonito gol de vaselina. Por senón estuvese decidido o partido co 0 a 3, Alberto loita un balon na línea de fondo e en xogada personal marca un gol cheo de calidade. 0 a 4, relaxación e expulsión de Dieguez, o que aproveitaron para marcar dous goles e poñerse 2 a 4 pero que non foi a máis porque Jorge marcaría o 2 a 5 no último minuto.

Triunfo esperanzador que falta confirmar con outra victoria.

GOLES: EMILIO(2), MIGUEL, ALBERTO, JORGE

0 Comments:

Post a Comment