Búsqueda personalizada

Como decía a semana pasada, este partido pouco iba a ter que ver co do Rodeiro, e así foi, partido sufrido para ganar no que conseguimos os tres puntos. Foi un encontro casi calcado o do Veteranos do Compostela no que nos puxeron en apretos pero finalmente levámonos a victoria.

Na primeira parte foi onde pasou todo o máis importante do partido, dominio deles sobre todo por que se fixeron donos do medio do campo e continuos achegamentos que terminaban en corner ou nas mans do porteiro. Así, nun corner, chegou un gol fantasma que reclamaron, tras un rechace o balón bota na línea de gol e non entra (podo confirmalo) pero a xogada continuou e cenro dende a banda izquierda de Otero e gol, típico gol de centro dende o lateral. 1 a 0 e parecía que se encamiñaba o partido, pero os dous minutos, Puga entretense nun balón na área, roubanlle a pelota e ó intentar cortar o balón tira co dianteiro visitante. Penalty que detén o noso porteiro (ou porteirazo, como queirades chamarlle). O partido sigueu igual eles creando ocasións pero nos nas contras tamén creamos as nosas, incluso con dous tiros ó pau na mesma xogada, non dominamos pero creamos ocasións o problema e que eles tamén chegaban con bastante peligro e o resultado era corto. Chegou o descanso, e creo que nos veu ben.

Na segunda parte, o partido xa foi moito máis igualado con menos ocasións deles e nos chegando con peligro en varias ocasións. Moita loita polo balón pero non pasamos apuros e o máis salientable foi xa no remate do partido, primeiro coa expulsión dun xogador do Universidade e logo co gol de Nacho dende lonxe aproveitando que o porteiro saira.

Importante victoria diante dun dos equipos que estará arriba na liga. Para a semana partido en Melide co Melivet, tipico partido onde se di que non se ganan ligas pero si se perden, amén do viaxiño que nos meteremos. Por derto saimos as tres menos cuarto.

GOLES: OTERO - NACHO

0 Comments:

Post a Comment