Búsqueda personalizada

Este partido era unha boa pedra de toque para saber a que podemos aspirar e tamén para ver se equipo se vai asentando nesta categoría. A cousa non foi mal ainda que non foi tan facil como indica o resultado xa que sufrimos moitas adversidades no partido das cales soupemos repoñernos.

Comenzamos dominando a situación e chegando á area visitante e creando perigo pero co paso dos minutos fomos baixando a intensidade, ainda así dounos tempo de adiantarnos gracias a un penalti cometido sobre Marcos e que transformou Alberto. Eles viñeronse máis arriba e nos non soupemos aproveitar as contras. Destacar que se lesionaron Emilio e Marcos e quedamos sen cambios.

O vento a favor na segunda parte tocounos a nos e debeu de ser por non ter máis cambios que pensamos máis en defender que en atacar e eles aproveitárono para intentar encerrarnos na área e crear ocasións, máis ainda cando o árbitro expulsa a Monty e quedamos con dez e media hora por diante. Eles dispararon bastante a portería pero non era o seu día (ou era o do noso porteiro). E nesto que o noso dianteiro Miguel, que estaba a xogar de lateral para cubrir puestos dos lesionados, recolle un balón na nosa area e ca sua velocidade e facendo autopases regatea ós que lle salen ó paso incluido o porteiro e marca o 2 a 0. A partir daquí eles seguiron atacando pero nos xa non estábamos tan ó límite e con boa colcación e esforzándonos como debemos facer en tódolos partidos solucionamos a papeleta.

O problema será a próxima semana, xa que somos nove xogadores máis os lesionados, así que a ver si facemos un esforzo para vir ó partido.

GOLES: ALBERTO - MIGUEL

0 Comments:

Post a Comment