Búsqueda personalizada

Con un frío que pelaba, presentámonos once xogadores e Emilio, que a pesar de estar lesionado ven os partidos, para xogar o partido.

Tíñamos que repartir os esforzos para non fundirnos na segunda parte e non conseguimos dominar nin controlar o partido na primeira parte, ainda así dispuxemos de chegadas e incluso un gol ben anulado, pero o Lalín estuvo bastante activo ainda que sen demasiadas ocasións, a destacar un disparo desde dentro da área que saca o porteiro.

Vendo como foi o partido, na segunda parte non descartábamos o empate a 0. Hasta que chegou a xogada fortuita na que Correa se lesiona de gtavedade e co cal quedamos con dez xogadores. Se ó principio non descartábamos o empate, agora creo que o firmábamos. Estuvemos bastante ben situados e a superioridade numérica apenas se notou. A salida dun corner Puga remata de cabeza a placer o 0 a 1 (gol casi calcado, ó anulado na primeira parte pero sin falta ó porteiro). Despois desto, intentar pillalos nunha contra para cerrar o partido e polo demáis os típicos agobios de final de partido con un resultado tan corto. Ainda así chegaría o segundo, xa no desconto, obra de Miguel, xa sabedes, un gol ó seu estilo. 0 a 2.

Non compensou a victoria co daño sufrido, sobre todo ó saber ó final do partido o alcance da lesión do noso presi, Correa.

GOLES: PUGA - MIGUEL

0 Comments:

Post a Comment