Búsqueda personalizada

Do partido o esperado, moita loita pero pouco futbol vistoso no que tamén influeu as pequenas dimensións do terreno de xogo

A verdade e que o partido non empezou ben para nos xa que ós cinco minutos xa encaixamos o gol nun erro nun balón colgado dende un lateral á frontal da área na que aparecen tres xogadores sen marca e o remate desvía o porteiro ó poste e entra. A partir do gol fómonos asentando máis no campo e empezando a crear perigo, cando digo perigo refírome a algunha ocasión xa que o partido careceu de clarísimas ocasións de gol. Pois eso, o perigo chega nunha xogada que finaliza Jorge cun disparo dende a cruceta da área que se vai fora por pouco. Pola parte local destacar un disparo dende o medio do campo que casi entra. A media hora chega o empate, xogada rudimentaria, saque do porteiro, peina Nacho, Marcos presiona ó defensa que non se entende co porteiro e dalle ca cabeza, chocan e o balón entra na portería. Foi en propia porta pero darémoslle o gol a Marcos xa que sen a sua presión non houbera entrado. Chegamos ó descanso con ese resultado, empate a un.

Na segunda parte, menos ocasións e máis loita no medio do campo, eso si co gol que nos valeu a victoria. Foi mediada a segunda parte, falta na frontal na área por derribo a Monty cando se iba solo hacia portería. Alberto saca a falta (foi o primeiro que fixo ó salir do banquillo), o porteiro rechaza o balón e Jorge moi atento marca o 1 a 2. A partir daquí eles intentan achuchar máis pero non crean ocasións claras, sendo nos corners donde máis nos complican a vida xa que os remataban casi todos.

Partido casi clavado ó da primeira volta en Cuntis, pero ó revés. Nos marcamos primeiro e despois acabamos perdendo.

GOLES: MARCOS - MONTY

3 Comments:

  1. Anónimo said...
    A ver cronista, teño qe correxirche un pequeno erro de apreciación, non fun eu o que marcou o segundo gol, o que estaba atento nesa xogada foi Miguel, sendo el o que empurra o balon ata as mallas.

    JORGE.
    Anónimo said...
    A ver teño que correxirvos por enésima vez non foi Miguel, Miguel estaba intentando que non o marcara...Eu creo que estaba ben a 1ª crónica, definitivamente foi Jorge.

    Monty
    Anónimo said...
    Moitas gracias Monty, este é o primeiro pase, pero de gol eh, que me das en toda a tempada. Gracias, segue así, estou seguro de que o mellor marco un ou dous mais o longo do que queda, se xogo claro, ainda que estes pases creo que os marcaría ata dende o banco.

Post a Comment