Búsqueda personalizada

Lástima de puntos os que se escaparon na última xornada do ano pero quizás foi un aviso polo reducido dos nosos efectivos. Esperemos que nestas vacaciones se recuperara ben a xente das lesións e poidamos ser polo menos 14 nos partidos. Digamos que non nos veu mal este parón.

O partido empezou con eles metidos atrás e nos con ritmo lento xa que éramos 11 e non queríamos que o esforzo se pagara ó final do encontro. Dispuxemos de ocasións hasta que Miguel marcou o 1 a 0. Eles apenas inquietaron en algunha contra pero nos non fomos quen de rematar o partido.

A segunda parte, empezou da mesma maneira, nos querendo dominar o partido pero a un ritmo que nos durmiamos e que chegou por dormirnos a todos o que aproveitaron eles para marcar o empate a un nunha xogada e con mellor finalización. Esto si nos despertou e partir daquí puxemos cerco á sua portería e creamos bastantes ocasións hasta que Alberto no saque dunha falta marca o 2 a 1. Esto parecía definitivo e que non nos iba a pasar coma antes, pero nunha falta que debería ser ó noso favor, o árbitro pita ó contrario, forte disparo o porteiro desvía mal ó longueiro e o rechace ó querelo despexar metémolo na nosa portería, 2 a 2. Daquí ó final acoso e derribo da portería visitante pero que non tivo froitos.

GOLES: MIGUEL - ALBERTO

PD: A directiva está pendiente de se nos toca a lotería mañán para facer as fichaxes.

0 Comments:

Post a Comment