Búsqueda personalizada

Atragantóusenos o turrón nesta primeira xornada do ano, máis polo mal xogo que polo resultado.

Non nos saleu nada na primeira parte e foron mellores que nos, máis que nada porque lle puxeron máis ganas. Nos casi non chegamos á sua portería salvo algunha ocasión aislada. Eles tampouco é que ficeran nada do outro mundo pero dispuxeron dun penalty que parou o porteiro e marcaron o 1 a 0 nun erro defensivo.

Na segunda parte, espabilamos algo e xogamos mellor, tuvemos máis a posesión sobre todo porque todamos máis o balón e fómonos facendo co partido. Empatamos o encontro nunha xogada de Jorge que lle deixa o balón a Monty para conseguir o empate que facía xusticia. Seguimos coa mesma idea e terminamos a remontada gracias a unha falta ó borde da área que lanza Alberto, pega nun home da barrera e entra, era o 1 a 2. Parecía que os tres puntos serían para nos, pero nun novo erro na defensa marcan o empate a 2. Despois hasta o final algunha ocasión que nos pudo dar o partido pero eles tamén tuveron unha para ganar.

Como se suele decir, unha parte para cada equipo na que non tuvemos a tensión necesaria para ganalo.

GOLES: MONTY - ALBERTO

0 Comments:

Post a Comment