Búsqueda personalizada

Outro partido máis sin dar o nivel que debemos dar e xa van uns cuantos, olliño a esto que o futbol que estamos a facer non valerá de nada no próximo partido, e xa sabemos que iremos xustos como o día de Silleda.

Do partido do sábado decir que se empezou bastante ben con vinte minutos onde se crearon ocasiónse se fixeron dous goles, os dous marcados por Jorge e bastante parecidos. Parecía que todo iba a ser doado pero o Rodeiro mellorou bastante con respecto ó partido da primeira volta. Logo todo foi mal, penalty claro que eles marcan e se poñen con un dous a un que non debería de poñernos nerviosos pola diferencia de equipo pero foi todo o contrario.

Todo eso plasmouse no comenzo da segunda parte onde eles dominaron o xogo, sen crear ningunha ocasión pero tiñan máis posesión e o nerviosismo de que en carlquer xogada podían empatar palpábase no ambiente. Non fomos capaces de volver a entrar no partido hasta a media hora e eles non o aproveitaron. Ese foi o momento en que marcamos o 3 a 1, nunha falta lateral que remata de cabeza Monty (ese que non entende frases de máis de catro palabras) no segundo pau. A él tocoulle esta semana estar negado de cara a portería, como a Nacho, Miguel, Jorge, etc outros días. Despois do gol xa non houbo partido, eles baixaron os brazos e poidemos meter algún gol máis pero o resultado final non variou, 3 a 1

GOLES: JORGE(2)-MONTY

Coidado co partido do sábado.

CLASIFICACION (Pinchar Aquí)

0 Comments:

Post a Comment