Búsqueda personalizada

Eliminatoria de copa a partido único disputada en Cuntis e na que se ganou claramente pero que como sempre nestes casos demoslle algo de suspense.

O partido nunca correu risco de perderse sobre todo vendo a gran cantidade de ocasións claras que desperdiciabamos e que se repetían unha tras outra, pero cousas do futbol nunha contra dous para tres e adelántanse no marcador. 0 a 1 pero non cundeu o pánico xa que tarde ou cedo o balón tiña que entrar ainda que falláramos p infallable, e así foi, centro de Miguel e remate deles en propia porta, como non podía ser doutra maneira porque estábamos negados. O 1 a 1 xa puxo todo no seu sitio e era cuestión de tempo que marcásemos máis. Ainda así no primer tempo non se moveu más o marcador.

Na segunda parte, todo foi distinto e xa viñeron os goles e o partido non tuvo máis historia que saber cantos meteriamos. Primeiro sería Nacho a pase de Monty, logo Victor De La Torre (afianzase como goleador), despois Monty e por último... non me acordo polo tanto que se manifeste nos comentarios (na segunda parte colleume o frío e como o partido estaba sempre na outra área non lle prestei atención, e botei unhas carreiriñas polo campo).

Xogaremos a siguiente ronda co Ordenes, que se desfixo do Bergantiños co mesmo resultado que nos, tamén a partido único e en Cuntis. Contra eles deixarnos marcar un gol como o do outro día pagarémolo bastante máis caro.

GOLES: MIGUEL-NACHO-VICTOR DE LA TORRE-MONTY-?

2 Comments:

  1. Anónimo said...
    Sueiro, non te pases que Ramón marcou un gol que o reflexou o arbitro na acta, despois de que el llo recordara, e case queda coma un peixe pillado na rede despois de lanzarse en plancha cando xa o balón estaba dentro (ostras!!! acabo de darme conta de que tes razón non foi gol de Ramón foi gol en propia porta porque se o balón xa estaba dentro...)
    Que ca... sodes...
    Anónimo said...
    Eso está por ver, hoxe estaban os da agrupacion tomando huellas na abolladura do poste. Logo decidirán. Ademáis na rede debeu de quedar enganchado polo menos algún dente.
    O aludido tamén tera que facer algunha alegación, supoño

Post a Comment