Búsqueda personalizada

É o resultado máis normal entre un equipo que necesita moistas ocasións para marcar, que somos nos, e outro que recibe poucos goles e ten problemas para crear ocasións, que son eles.

Na primeira parte, os típicos escarceos pero nada máis, os porteiros casi inéditos. Eso si, partido intenso no centro do campo, moita loita pola posesión do balón pero nada máis

No segundo tempo, algún acercamento máis pero máis do mesmo. Eles dispuxeron da ocasión máis clara ó rematar ó pau un rechace do porteiro. Nos nin lle tiramos ó seu porteiro e nos para non ser menos démoslle a oportunidad de sacar un corner sin porteiro.

Pouco que decir, ahora a pensar na copa que nos visita o Órdenes con fama de ter un bo equipo. Se queremos pensar en cotas coma as do ano pasado non queda outro.

PD: Xa sei que hai algún que me está esperando cos cuchillos afilados.

3 Comments:

  1. Anónimo said...
    Sintoo Sueiro, pero non te vou a defender, iso non se debe de facer, nadie. Dito esto, creo que hai que rebaixar o grado de crispación que ahi no campo, e subir a tensión, isto quere dicir meter o pe, bregar polo balón axudar ó compañeiro cando non chega, e non reprocharlle os que levan a mesma camiseta, que polo tanto teran o mesmo obxectivo.
    Zalez
    Anónimo said...
    Sueiro cando dis "nós démoslle a oportunidade de sacar un córner sen porteiro" quererás dicir eu que son o porteiro deume unha arroutada desas que lles dan só ós nosos xogadores e marchei do campo.
    Eu de todas formas quero pensar que o fixo porque sempre lle reprochamos que non sae de debaixo dos paus e para compensar esta deficiencia durante tódalas tempadas xogadas fixo unha saía ata o banquillo e así a media de saidas xa queda un pouco máis compensada...
    Monty
    Sueiro said...
    O problema é que neste equipo hai moito porteiro fustrado e non lle chega con atender ó seu que teñen que decidir tamén o que ten que facer o porteiro. O porteiro que vos veña para o ano non creo que vos ande con esas mariconadas.

    Os que facemos algo de autocrítica sabemos que non foi a miña mellor decisión pero ....

    Dimitir non vou dimitir que en España non dimite ni Dios e non vou ser eu primeiro, asi que tranquilos (ou intranquilos).

    A situacion: partido coa portería a cero, tensión pola importancia do partido, jodido polo sol de frente e non se ve nada nos balóns aereos e que encima che veñan con tonterías. Por certo, o balón desvieino a corner e creo acertada a decisión, xa que para salir a un balón que non sabes nin onde está e comelo con patacas,prefiero non salir e así será mentras esté eu na portería

    Veña, que xa escribín máis que na crónica. Pensade no sábado, que hai que chegar á final

Post a Comment