Búsqueda personalizada

BERTAMIRANS 0 - CUNTIS VETERANOS 1

Como se fosen dous partidos distintos entre a primeira e a segunda parte, e non polo xogo (que tamén) senón polo estado do terreo de xogo e pola inclemencias metereolóxicas.

A primeira foi casi perfecta, fixemos o mellor futbol de toque da temporada e desbordamos polas dúas bandas. De non ser polas ocasións erradas o partido xa o teríamos sentenciado neste período, pero como nos gusta darlle emoción as cousas solo marcamos un. Foi obra de Ramón (ou JR7 como lle chaman algúns), balón entre líneas de Nacho e Ramón resolve con clase ante a salida do porteiro. Eles non inquietaron moito salvo nalgúns balóns que perdemos cerca da área. Xa acabando se preveía que na segunda parte se xogaría máis ben pouco ó futbol.

Así foi, comenza a segunda parte e o campo xa case non se vía o verde, solo se vía a agua e a medida que pasaba o tempo caía máis e a cousa foi a peor, incluso había zonas onde o balón flotaba e era complicado sacala. A algún tuvo que vir salvamento marítimo a sacalo dalgunha das pozas. En canto o xogo, destacar que ainda así tuvemos ocasións pero entre o porteiro e a agua non conseguimos marcar co conseguinte pánico cando se acercaban pola área xa que o que pasaba co balón era bastante impredecible. Ainda así non tuvemos moitos problemas, salvo un balón que se foi por encima do largueiro que si nos asustou un pouco.

Menos mal que marcamos na primeira parte senón poderíamos incluso haber perdido. Debemos de marcar algún gol máis cando se teñen ocasións para non andar senpre xogando no alambre por que este algunha vez pode romper (como en Melide).

GOLES: RAMON

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    quero pedir disculpas por pensar que o comentario do partido contra o xallas o fixera jorge, se soubera que fora nacho xa nin me molestaba en contestalo.
    monty

Post a Comment