Búsqueda personalizada

Creo que en líneas generales fixemos un bo partido diante dun equipo que sempre me parece que ten xente para estar máis arriba na clasificación ainda que se xogan casi todo o seu potencial arriba en disparos dende fora da área e non teñen moita profuncidad no ataque.

O partido veuse dende un principio que iba a estar complicado con equipo contrario ben plantado e con ganas de amargarnos o día. A cousa complicouse máis oa lesión de Monty que o manterá unhas semanas fora do equipo (que alivio pensarán algúns). En canto ó noso bagaxe ofensivo, dispuxemos de boas ocasións algunhas complicadas de fallar e que creaban certa inquietud debido ó resultado e sabendo que se queríamos recortar puntos con que van diante o sábado era o día. Ó final, na ocasión que menos clara parecía marcamos. Falta lateral, algunhas protestas polo mal sacada que estaba pero non se entenden os visitantes á hora de quen collía o balón e Marcos marca un gol que creo que foi o momento clave do partido, unha porque nos adiantaba no marcador e outra porque era o minuto corenta e catro da primeira parte e nos aclaraba o partido para a segunda.

A segunda tuvo algo de emoción polo resultado xa que un gol podía caernos en calquer momento e nos non fomos quen de aproveitar as boas ocasións que tuvemos a maioría de dar o pase da morte para empuxar o balón, pero en vez deso fomos algo indiviadualistas e tiramos directamente, e non foron nin unha nin duas... Eles dispuxeron de varios disparos dende fora da área e unha entrada polo lateral que sacamos entre o porteiro e a defensa pero que non serían máis que simples anécdotas se houbéramos sentenciado antes. E como sempre tuvemos que esperar ós minutos finales para rematar a faena. Miguel recibe un pase no media da defensa supera ó porteiro co tiro que se vai ó poste pero recolle o rechace e marca, o que ó final foi o resultado do partido, 2 a 0

Moitas cousas que mellorar sobre todo á hora de aproveitar ás ocasións pero tamén cousa boas como o bo traballo do equipo en todas as líneas.

Para o sábado copa diante dun oso duro de roer, Terra de Xallas, deberíamos de pensar en ganar e que despois fose o que Dios queira xa que calquera que nos tocase...

GOLES: MARCOS - MIGUEL

6 Comments:

  1. Anónimo said...
    Corrección para o 2º gol,jejejje ruobo de balón de Zalez a un defensa. Partidazo o do domingo no Lacón, media plantilla. Un once de gala.
    Anónimo said...
    Que ben xogamos o domingo no lacon, campeóns das copas.
    Sueiro said...
    Si, é verdade, algúns deron espectáculo
    Anónimo said...
    Espectáculo?
    Eu pola miña filla mato.
    Fdo: Belén Esteban
    Anónimo said...
    Ou mataste que seria o caso.

    Jorge Javier
    Anónimo said...
    control de alcoholemia,sabado antes do partido,

Post a Comment