Búsqueda personalizada

Unha vez xa conseguido o obxetivo do ascenso xa estamos xogando co piloto automático e o noso xogo resíntese. Se no partido de copa xogamos asi eliminarannos sin moitos problemas porque este sábado fixemos un partido bastante lamentable. A eles bastoulle con xogar defensivamente para non pasar execesivos apuros, ainda así dispuxemos da mellor e inmellorable ocasión do partido no comenzo da segunda parte na que Miguel recolle un rechace e con todo para marcar envía alto.

Poderíamos poñer moitas disculpas pero o certo e que fixemos un partido desastroso, tampouco nos vamos a flagelar pero debe facernos pensar si vai a ser así o que queda de temporada. Vamos a poñerlle ganas na copa que estamos a dous partidos da final ainda que nos tocara un dos presumibles finalistas.

0 Comments:

Post a Comment