Búsqueda personalizada

Cando hai que chamar a xente para xuntar once, mal empezaban as cousas. Que se teña cumplido o obxetivo non quere decir que nos tiremos á bartola e tiremos cos partidos de liga.

Como xa todo empezaba mal, no octavo partido rompeuse a nosa racha sin encaixar goles, eran sete partidos (5 de liga e 2 de copa) desde que o Rodeiro nos marcou de penalty.

E como todo empezaba mal, o primeira parte foi o mismo, bastante mala pola nosa parte, non estuvemos cómodos en ningún momento e eles apretáronnos bastante. O seu gol chegou nunha xogada pola banda con un bo pase da morte que rematan en plancha. Pouco antes xa sacara Constenla un balón que rechazara o porteiro e se dispoñían a meter na nosa portería. Co 1 a 0 chegamos ó descanso e bastante complicado o panorama.

Sen embargo, a segunda parte empezou ben, xa no primer minuto Jorge por duas veces pudo empatar, pero pouco despois non perdonou e fixo subir o gol o noso marcador. Empate e case toda a segunda parte por diante e dispuxemos de moi boas ocasións para marcar pero fóronse todas fora por moi pouco. Os locais tuveron un pase atras que non chegou nadie xa que o cansancio lles pasou factura no segundo tempo. Unha parte para cada e ó final empate nun partido ganable diante dun equipo, que como xa se sabía, pelea moito durante os noventa minutos.

GOLES: JORGE

0 Comments:

Post a Comment