Búsqueda personalizada

Partido que decidía que equipo quedará primeiro na clasificación xa que a duas xornadas do final, e difícil que algún falle. E polo resultado serán eles os elexidos gracias ó golaverage.

O partido estuvo bastante condicionado polo vento que soplaba e que favorecía máis ó tipo de xogo dos visitantes que ó noso. Xogamos primeiro co vento en contra, un lastre que soupemos salvar nos primeiros vinte minutos moi ben, con rapidez e entradas por banda que nos fixo dispoñer de boas ocasións para marcar pero non estuvemos acertados diante do porteiro. Con todo esto, a primeira ocasión clara dispuxérano eles nun balón morto que ca portería vacía non acertan a metela. Logo virían as ocasións nosas que comentaba, hasta unha falta ó borde da área convírtena en gol dun potente disparo ainda que ó lado do porteiro (como din que cando algo ocurre influen polo menos tres factores, aquí foron mala colocación do porteiro, lentitud de reflexos e velocidad do disparo). Perdemos o dominio do partido xa que o balón era noso pero eles salían rápido con balóns largos. Esto lévanos ó segundo gol, saque de esquina e remate perfecto sin oposición (aquí cada un que diga os factores que infuiron). Mal pintaba a cousa con un 0 a 2 ainda que nos quedaba a baza de xogar a favor de vento na segunda parte, pero na última xogada da primeira parte Nacho marca o rechace do porteiro a un tiro de Jorge e o panorama xa era outro e o que máis e o que menos apostaba por unha victoria nosa.

Pero o noso gozo nun pozo, cos elementos ó noso favor non supemos atacar a súa defensa poblada e veuse que marcar iba a ser complicado. Moi espesos e lentos unha vez que chegamos ós tres cuartos de campo, e como non somos un equipo de xente alta o de colgar balóns era regalalos. Destacar a ocasión de Nacho no primer minuto na que o seu remate lle peta ó porteiro, que xa estaba batido, no pé. Supoño que as ocasións foron chegando pola insistencia xa que a eles éralles difícil de salir pola forza do vento,e así Miguel vaise do seu par e centra ó segundo pau onde Monty, solo, marca o empate a 2. Quedaba bastante pero a tónica foi a mesma, poucas ocasións claras. Para máis inri, casi nos marcan nunha das poucas chegadas deles na segunda parte, xa casi no final do partido o que, polo visto, un gol ó que eu creo que non houberamos tido maneira de responder debido ó tempo que quedaba e as poucas ideas que tuvemos na segunda parte.

GOLES: NACHO - MONTY

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    A verdade é que temos que seguir como ata o de agora.porque levamos toda unha volta sen perder. Deberiamos de gañar estes dous partidos que nos quedan para que logo non nos botemos as mans a cabeza se o river ten un patinazo. E ademais e bonito e jodido o mesmo tempo quedar primeiros cos mesmos puntos e non ter premio por un partido o da primeira volta que todos sabemos o que pasou, neste o balón parado deles foi mortal (menudos saques de banda co vento a favor) non fixeron nada mais.

Post a Comment