Búsqueda personalizada

Partido que se presumía complicado pola situación na tabla do equipo local pero que se rompeu no comenzo da segunda parte e a goleada pudo ser maior.Conseguimos xuntarnos 12 que para a maioría dos equipos non é nada pero para nos é unha multitude.

O primeiro periodo foi o máis igualado dispuxemos de ocasións pero eles opuxeron bastante resistencia sobre todo co seu delantero que facía á defensa estar sempre alerta ainda que solo logrou sobrepasala nunha xogada na que rematou o seu disparo fora. Nos cos minutos fomos chegando con máis claridade hasta que nunha boa xogada de toque Miguel consigue regatear ó porteiro e marca. Tódolos goles tuveron como característica que foron xogadas de tiki-taka, esto deberíanos de facer pensar.

Na segunda parte e co 0 a 1, tiñamos que conseguir marcar para afrontar on máis tranquilidade o partido pero curiosamente casi no marcan con un disparo ó longueiro, pero afortuna acompañounos xa que na seguinte xogada marcamos o 0 a 2 por medio de Alberto e ahí rematou o partido para eles xa que lles costaba sacar o balón e as nosas ocasións sucedianse e así foron caindo os goles do noso lado, Jorge e Alberto por duas vece máis (fixo un hat-trick) poñíannos con un 0 a 5 e con máis ocasións. Xa no remate un erro no pase do porteiro aproveitano eles para marcar o 1 a 5 co que rematou o partido.

Xa fai semanas que estamos ascendidos pero para a semana decídese que equipo quedará primeiro, a ver si xuntamos once xa que despois hai cena no Balneario e as cenas despois de perder son menos alegres

GOLES: ALBERTO (3) - JORGE - MIGUEL

0 Comments:

Post a Comment