Búsqueda personalizada

RIVER SILLEDA 2 - CUNTIS 2

Tarde espléndida para o disfrute e a práctica do futbol no Outeiriño- Silleda. Preséntase o Cuntis moi escaso de xente, mesmo no intre de comezar once xogadores e tres acompañantes, eso si, coa correspondente vestimenta.
Inicio do xogo con titubeos e respecto mutuo. Aló polo min 12 xogada nosa pola banda esquerda con centro de balón raso sobre área que pifia Carlos so ante portería. Tres minutos despois, Jorge en xogada persoal controla na  frontal  e en media vaselina supera ao porteiro para ser sacada baixo longueiro por un defensa no derradeiro momento. Cando parece que se controlaba o xogo, anque ser profundidade por falta de interiores ofensivos, no min 28 marcan o primeiro gol despois de encadear erros no control de campo polos medios centros e desprazamento non axeitado do lateral, aínda así entrou chorando preto do pau.
Min 32 incorpórase ao xogo Nacho por Carlos. Importante esta incorporación pois deu os seus froitos aos segundos coas continuas internadas de Jorge pola banda dereita. Nunha delas, tras oportuno pase ben orientado de Monti, Jorge avanza pola banda, regatea comodamente  a lateral e deixa en bandexa para que Alberto empurre ao fondo da portería. A partires deste momento claro dominio no terreo de xogo con moitísimas ocasións que foron marrando distintos xogadores, especialmente os que andan pola dianteira.
Comeza o segundo periodo con xogo equilibrado, pouco vistoso e con constantes interrupcións provocadas polos xogadores locais. A medida que vai avanzando o tempo, cun xogo feo, parece que o Silleda dá por bo o empate e tenta adoptar unha postura de control e a que pase o tempo. Falta total de actitude polo Cuntis que ve como se lle vai unha victoria moi traballada na primeira parte.
Min 37, nunha xogada moi semellante á do primeiro gol, o mediocentro do Silleda avanza libre de oposición  polo  medio campo cara a nosa portería, os nosos un desprazado por andar participando en todas as parcelas do campo e o outro que perdeu por pernas. En chegando á área golpeo seco, defectuoso na execución pero forte que colle efecto na súa traxectoria á que non pode chegar Sueiro. Menudo xerra de auga fría, desconsolo total no equipo.
Min 40. De novo xogada de Jorge sobre banda dereita quen, tras regate, orienta cara atrás á frontal onde Alberto golpea con execución perfecta o balón cantando xa o gol, pero o balón bate no pau, ven rexeitado sobre as costas do porteiro,... menos mal que apareceu por alí Nacho in extremis para atropeladamente empurrar a gol. Menos mal.  Minutos restantes embarullados con xogo practicamente parado. Remata o encontro con mal sabor de boca para nós por deixar de gañar en Silleda.
Valoracións:

Árbitro: tentou cumprir o trámite pero moi alonxado das xogadas e moitas dúbidas, menos mal que ambos equipos llo puxeron bastante fácil. Non chega ao aprobado.
Silleda: Con certeza o encontro onde nos puxeron as cousas máis fáciles. Teremos que espabilar os dous equipos se non queremos andar polo fondo do mar. Cordialidade ao remate do partido.
Cuntis: De novo boa mentalización de cara o partido. Boa actitude dos xogadores pese ao escaso da plantilla.
Porteiro, sen choio. Moi serio nas poucas intervencións que tivo. Non puido facer nada nos goles.
Defensa moi ben a parella de centrais, parece que a Puga lle vai vir ben a presenza de Rubén coa súa tranquilidade  e saber facer, o equipo aforrará aspirinas. Na banda dereita, cumpre perfectamente e na banda esquerda haberá que agardar que se acople ao equipo e se sitúe.
Centrocampistas: Moi ben Piñeiro tras partidos sen participar cumpriu moi ben, dentro dos posibles. Moi perdido Carlos. Monti e Zalez boa acitude na primeira parte, logo moi frouxo fisicamente Zalez e desubicado Monti, menos quilómetros e máis presenza , precísase máis compenetración para evitar xogadas coma as dos goles encaixados; un home so non pode ser superior a dous mediocentros. Jorge, pouco participativo na dianteira, moi ben na banda.
Os puntas, con moitas gañas, ao mellor demasiadas, moita precipitación, e son os que deben poñer o punto de tranquilidade e saber facer, xa virán mellores días.

5 Comments:

  1. Anónimo said...
    Menuda crónica do partido!!!

    Sueiro, terás que pedir traballo no sport ou no marca, porque aquí telo difícil

    JM Correa = Paco González (con un toque Tomas Guash)

    Esta temporada queda moito que sufrir!
    Anónimo said...
    A maniobra do "EX-PRESIDENTE" saiulle redonda. Agora, sen ningún cargo na directiva, tan só é un ¿xogador? máis, o seu dominio no clube é total.
    Exerce como presidente, directivo, entrenador e incluso cronista, onde se permite ademáis o luxo de facer valoracións tan subxetivas como criticables. Ademáis, atiza ou fai a pelota según lle convén.
    JM Correa said...
    O triste do choio é que a "mosca cojonera" leva anos tocando os propios e non contenta con que eu abandoase a directiva polo mesmo sonsonete, se lle dese a opción de coller o mando ,segue a tentar desfacer todo aquelo no que algúns puxemos moitas horas, moita ilusión e mesmo parte da nosa integridade física. Parece que ata non podo ter ficha.
    Ai que ver¡ Inadaptados da sociedade. Aplicareille un chiste que contou unha señora de Callobre quen despois de terlle dirixido mil insultos a un mal árbitro espetoulle " Se estudiaras".
    Sueiro said...
    Non coñezo a nadie que teña opinións obxetivas. Todas teñen algo de subxetivas a non ser que te creas co don de que as tuas opinións son as correctas (mal rollo me da esa xente).

    Agradézcolle ao expresidente que colabore no blog e non é para facerlle a pelota para que me poña ben nas crónicas que a estas alturas todos sabemos como o facemos nos partidos,a non ser que te creas que sempre xogas ben e os demáis non, eso si que creo que é subxetivo e criticable.

    Olvidábaseme, eu firmo oque escribo.

    Sueiro
    Anónimo said...
    De todos modos, non queda claro por onde van os tiros. Por unha parte un fala de alguén que non está no e equipo e o outro fala de un xogador... A cabeza non para!!!!

    O que sí queda claro é que o expresidente soltou os dobermans.
    Os tempos da democracia xa remataron.

    Medo me da....

Post a Comment