Búsqueda personalizada

NEGREIRA 6 - CUNTIS 3

Tarde espléndida en Cepelo - Negreira. Ata alo se desprazan dezasete xogadores + un. Comeza o partido á hora prevista con certas dúbidas en canto a  áctitude do Negreira que viña de encaixar resultados negativos. Plantexamente dun once competitivo e mostra deso foi a actitude do persoal plantando cara a un rival que dende o primeiro minuto se propón gañar o partido. Pero xa no minuto 3 Alberto desde o círculo central xoga con Jorge quen combina con Nacho que se interna no área, aguanta un primeira falta e segue a trancas e barrancas para ser vítima dunha segunda falta que o árbitro sinala como evidente penalti. Transforma con perfección Alberto.

O equipo colle ánimos e sucédense as xogadas por ambas bandas con dominio de xogo e posesión de balón. Pouco máis tarde (min 7) Nacho combina con Jorge quen aguanta o balón ata  recibir unha falta preto da liña de área un pouco escorada cara a dereita. Saque directo que executa Alberto cun golpe impecable coma o que nos ten acostumados. É o seu día.
A historia vai ben parece que todo o que tocamos se converte en ouro. Vese soltura no equipo e boa disponibilidade. Jorge retorna cara o medio campo onde Zalez, ao xeito de Xavi, asiste polo medio da defensa sobre Alberto quen, despois de gañarlle as costas á defensa, remata a placer o 0-3 que supoña tamén o seu terceiro gol.
Segue o bo xogo e despois de varios intentos de Zález por abrir a cada lado de campo (m20) pase moi longo sobre a dereita. boa galopada de Nando quen se planta so diante do porteiro pero non define nesta xogada tan ventaxosa e remata defectuosamente por enriba da portería...
Co marcador 0-3, control total do xogo, temos unha acción desafortunada na defensa, que no canto de romper balón, moven lateralment e xa se sabe estas páganse m25 e 1-3.
Con seis xogadores no banquiño propóñense cambios. (m30), un descansiño para Nacho e unha reflexión para Charli que estaba a cederlle as costas e o xogo ao extremo contrario. E aquó comezan as desgracias... Mea culpa,...mea culpa,... mea culpa... tentando de fornecer a defensa con Nando para taponar as entradas do dorsal 19, cedémoslle o plano ofensivo totalmente ao contrario que soubo aproveitar moi ben os nosos erros : m36 2-3, m40 : 3 - 3.
Fanse máis cambios pero a cousa lonxe de remediarse empeora. Os que estaban no campo desmorónanse e os que entran parecen cansados. Mal xogo, pésima actitude e para rematala regalámoslle un penalti sen vir a conto cando parecía que estaba controlado o vendaval que nos invadía. Convértese o penalti, e este cuarto gol acabou con nós. Pareciamos monecos no campo. Non se salvaba ninguén do desconcerto. Xa non sigo...as partes feas das historias é mellor non contalas.
Remata o partido, cabezas baixas, respirábase no ambiente es calma previa a unha tormenta de verán. Nada máis chegar ao vestiario, estoupou,... reparteuse para todos.. uns con máis razón,outros con menos, pero coido que é moi san botar fóra as malas sensacións e compre que sexamos realistas co equipo que temos e co noso papel nesta liga.
Dos erros é cando máis se aprende, e especialmente eu, que xa non debería caír na configuración dun once incial coma o deste sábado pois foron moitas as veces que aconteceu esto, pero ... ás veces, tamén un ten a ilusión de estar aí arriba, senón que llo pregunten ao Levante.
Insisto na miña responsabilidade neste resultado pero é convinte que cada membro da plantilla saiba cal e o seu papel, a súa aportación, a súa realidade e... desde estas premisas axudar en todo o que se poida, pero...  con máis gañas!!! 
Sábado, outro difícil, como van ser todos para nós, pero a nosa actitude será distinta, verdade?
Árbitro: ben, non se lle puxeron complicacións e Montero sempre ten o dominio da situación,... ata que se enfada, o outro día non se lle deron motivos por ninguha das dúas partes.
Negreira: o que debe ser un equipo. A pesar de ter un resultado moi adverso, pelexaron e pelexaron. A fe move muíños... Os meus parabéns polo partido.

Os nosos: non se salvou ninguén, todos cometeron erros e algúns ... dous.
Porteiro: algún despiste, reamtou supercabreado e non ía ser para menos, cansouse de viaxar ata o fondo das mallas a recoller balóns.
Defensa: Despistada, agás Emilio. Fallos aillados pero que lles foron danto alas, non sabemos como parar a un só rival que nos crea verdadeiro perigo.
Medios: A novidade na configuración non acabou de coller o sitio, Zalez fixo o que puido ata que as forzas foron a menos. Nas bandas, ben poñas boas incorporacións nos vinte primeiros minutos, logo "mising" todos os que por alí pasaron.
Dianteiros: Ben Nacho e Alberto cando estiveron no campo inicialmente, na segunda incorporación participaron do desastre do equipo. Pena os goles de Alberto que non servisen para a vitoria.
Señores, non se fale máis,... terra ao asunto.

2 Comments:

  1. Sueiro said...
    O de porteiro menos goleado casi o deixo para outro ano.

    Este sábado no vou xogar
    Anónimo said...
    Menudo partido o do cuntis en negreira, sen comentarios....

    ¡E ISO QUE FALTABA MONTY!!!!

Post a Comment