Búsqueda personalizada

ROSALIA 4 - CUNTIS VETERANOS 3

Por non poder asistir o novo cronista ao partido, tócame volver a facela a min pero sin que sirva de precedente, aviso.

Moitas veces digo que moitos dos nosos partidos non os perdemeos en defensa senón en ataque, pois esta vez foi ao revés. A defensa e o porteiro lucímonos nun partido que se puxo costa arriba pero ganable ainda que fóramos escasos de efectivos.

Un partido con demasiadas ocasións claras nas duas porterías na primeira parte, pero que eles aproveitaron mellor os nosos erros, e eso que xa no primer minuto dispuxemos dunha moi boa ocasión. No intercambio de golpes salimos perdendo por dous erros nas bandas, primeiro nun saque de banda no medio do campo que nos pilla en pelotas e gol. Cabe decir que Puga recibira unha entrada un pouco antes e estaba renqueante. Pouco despois na outra banda, despexe da defensa local que nos volve a pillar en pelotas e termina de igual maneira, 2 a 0 e malas sensacións. Fomos capeando o temporal e todo foi a mellor hasta que Zález saca un bo dispara coa esquerda e marca o 2 a 1, que nos mantiña no partido.

No segundo tempo, empezamos cun dominio abrumador e que fixo que Jorge en duas xogadas conseguira o empate e logo o 2 a 3. Todo parecía que o partido sería para nos pero ainda faltaban dous erros nosos primeiro nun balón que queda morto no medio da defensa, empatan, e despois o noso porteiro quixo unirse a festa e deixa rematar ao delantero nun balón que tiña que ser del. 4 a 3 final, cara de parvos.

Arbitro: Non influeu no resultado
Contrario: Démoslle vida, cando non a tiña
Porteiro: Nefasto
Defensa: Moi mal
Centrocampistas: Bastante ben
Delantera: Ben

Goles: Jorge (2)- Zalez

2 Comments:

  1. Anónimo said...
    Certo é que os defensas estivemos mal, ou MOI MAL, pero cando se trata de defender, temos que defender todos, non só os catro "primos" de atrás, porque durante moitos minutos do partido así o parecía.
    O mellor exemplo está no segundo gol, que parte dun saque de porta, feito con moita rapidez polo Rosalia.
    Cando perdemos ou gañamos, facémolo TODOS.

    Un defensa.
    Anónimo said...
    Certo, cando perdemos ou gañamos, facémolo todo o equipo. Pero tamén estou dacordo co veterano cronista, poucos partidos se pode dicir que son case culpa exclusiva da nosa defensa, foron erros importantes que incidiron directamente nos seus goles. De todolos xeitos, penso que este ano temos unha defensa bastante mellor ca de anos pasados. Ánimo, cos partidos que levamos, ainda non vimos ningún equipo que fose moi superior a nos.

    Un porteiro-defensa-mediocampista e dianteiro.

Post a Comment